1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos
b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación
2. Obxecto:
a) Descrición do obxecto: contratación da subministración de doce (12) vehículos para a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
b) Prazo de execución: 15 días.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento de licitación.
Importe total: cento sesenta e catro mil setecentos noventa (164.790) euros, IVE e demais impostos incluídos.
5. Garantía provisional:
Tres mil douscentos noventa e cinco euros con oitenta céntimos (3.295,80 euros).
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos ou nas súas delegacións territoriais.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, 5-2º.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 50 38.
e) Telefax: 981 54 40 37.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.
Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2277.
7. Requisitos específicos do contratista:
Non se esixen.
8. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14 horas do seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (edificio administrativo de San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15781), ou por calquera dos xeitos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
9. Apertura das ofertas:
a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano nº 5, 2º.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o décimo día natural seguinte ó peche do prazo de presentación de propostas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
e) Hora: 10 horas.
10. Gastos de publicación:
Serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2003.
P.D. (Resolución 21-12-2001)
(DOG nº 15, do 21-1-2002)
Miguel Ángel López Sieiro
Secretario xeral da Consellería de Pesca
e Asuntos Marítimos