Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.951

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2003 pola que se autoriza unha permuta de puntos de fondeo entre viveiros de cultivos mariños.

Visto o expediente instruído para efectos de outorgamento de autorización para a permuta de puntos de fondeo entre viveiros, apreciáronse os seguintes:

a) Feitos.

Primeiro.-Mediante escrito do 27-9-2002, Baltasar González Chapela (DNI 35295047-Y), e José Luis Pombal Piñeiro (DNI 76808974-Z), solicitaron permiso para o permuta de puntos de fondeo entre os viveiros denominados Arroas V e Mariscos Arcade III.

Segundo.-Os interesados presentaron a documentación requirida para a tramitación neste tipo de procedementos.

Terceiro.-No expediente obran os informes técnicos dos viveiros.

b) Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101) e co Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Segundo.-O expediente tramitouse de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, coas especialidades previstas na Orde do 18 de abril de 2001, pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños (DOG nº 83).

Vistos os antecedente citados e de acordo cos fundamentos de dereito, esta consellería

RESOLVE:

Outorgar a Baltasar González Chapela, con DNI 35295047-Y, e a José Luis Pombal Piñeiro, con DNI 76808974-Z, autorización para a permuta de puntos de fondeo entre os viveiros que se indican:

Subtipo: batea.

Nome: Arroas V.

Especies: mexillón (Mytilus galloprovinciais).

Localización: Cangas F, cuadrícula nº 9.

Titular: Baltasar González Chapela (DNI 35295047).

Remate vixencia: 22-4-2003.

Subtipo: batea.

Nome: Mariscos Arcade III.

Especie: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Cangas F, cuadrícula nº 42.

Titular: José Luis Pombal Piñeiro (DNI 76808974-Z).

Remate vixencia: 15-12-2003.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Como consecuencia da permuta modifícanse as localizacións e vixencias dos títulos habilitantes, quedando como se indica.

Subtipo: batea.

Nome: Arroas V.

Especie: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Cangas F, cuadrícula nº 42.

Titular: Baltasar González Chapela (DNI 35295047-Y).

Remate vixencia: 15-12-2003.

Subtipo: batea.

Nome: Mariscos Arcade III.

Especie: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Cangas F, cuadrícula nº 9.

Titular: José Luis Pombal Piñeiro (DNI 76808974-Z).

Remate vixencia: 22-4-2003.

Segunda.-Os viveiros afectados deberán adaptarse ás condicións dos polígonos de destino.

Terceira.-A permuta realizarase no prazo máximo de 3 (tres) meses contados desde o día seguinte ó da publicación no DOG da presente resolución. Rematado o prazo indicado para a realización da permuta sen que este se levara a cabo, a autorización quedará sen efecto.

Cuarta.-Os viveiros contarán coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia para o traslado á nova localización.

Quinta.-As datas de fondeo deberán ser comunicadas con antelación suficiente, mediante escrito dirixido á delegación correspondente desta consellería en Vigo, para os efectos de que se realicen baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servicio de Protección de Recursos.

Contra a resolución que se dicte, que poñerá fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos no prazo dun (1) mes, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous (2) meses, contados, en ámbolos casos, a partir do día seguinte ó da notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 14 de febreiro de 2003.

P.D. (Orde 18-4-2001)

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Pontevedra