Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Martes, 11 de marzo de 2003 Páx. 2.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2003 pola que se publica a contratación da subministración dun vehículo de salvamento e rescate para o corpo de bombeiros.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato: a) Subministración dun vehículo de salvamento e rescate para o corpo de bombeiros. b) Prazo de entrega: 180 días hábiles.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso.

4. Orzamento de licitación: 216.364,36 euros, incluído todo xénero de gastos.

5. Garantías: provisional: 4.327,29 euros. Definitiva: 4% do prezo da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Lugar: Servicio de Contratación do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 981 80 43 00, fax: 986 86 01 02. b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. b) Documentación que hai que presentar: cláusula 10ª do prego. c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, das 8 ás 13.30 horas. d) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación, ás 9 horas do luns seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos: a) Os de anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios. b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE. c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa. d) Os de transporte e entrega da subministración.

Pontevedra, 4 de febreiro de 2003.

Raimundo González Carballo

Tenente alcalde

Adolfo Castro Pérez

Secretario accidental