Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Martes, 11 de marzo de 2003 Páx. 2.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización do Plan Par-

cial Finca Solita en Alcabre (expediente 4370/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 30 de xaneiro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do Plan Parcial 1 Finca Solita, promovido pola entidade mercantil Metrovacesa de

Viviendas, S.L., redactado polos arquitectos Pedro Alonso Fernández, Francisco Castro Nieto, Arturo Dapena Barros, e polo enxeñeiro Alberto Moreno García, visado no 7-6-2002, con cálculos eléctricos e luminotécnicos do 24-7-2002 (expediente 4370/401).

Segundo.-Para poder solicitar licencia de obras antes da finalización e recepción das obras de urbanización, deberá constituírse previamente fianza ou aval bancario polo importe de 290.474,86 euros, en garantía da correcta execución da dita urbanización.

Terceiro.-Antes do inicio das obras deberá efectuarse un planeamento destas, en coordinación cos técnicos da oficina municipal de Vías e Obras. Así mesmo, ó solicita-la súa recepción facilitarase representación planimétrica do realmente executado en soporte informático. Durante a execución destas obras deberá darse cumprimento ó sinalado polos enxeñeiros dos departamentos municipais de Parques e Xardíns e Servicios Electromecánicos nos seus respectivos informes citados na parte expositiva deste acordo.

Cuarto.-Notifíquese este contido íntegro deste acordo ós propietarios do polígono, coa indicación de que contra este cabe interpor, alternativamente, recurso de reposición ante esta Administración municipal no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses. Publíquese no DOG e no BOP. Notifíquese tamén ás entidades Fenosa e Seragua, xunto cunha copia, respectivamente, dos planos das redes eléctricas e de subministación e evacuación de augas».

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición, ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, LRXAP-PAC, por medio do presente anuncio, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 6 de febreiro de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo