Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Martes, 11 de marzo de 2003 Páx. 2.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 13 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se lles notifica a Mª José Blanco Panete e Natalia Collazo López a non procedencia da concesión dos beneficios solicitados, significando que se poderá presentar de novo ó abeiro do vixente Real decreto 1/2002, do 11 de xaneiro, e Decreto 199/2002, do 6 de xuño, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación persoal a Mª José Blanco Panete e Natalia Collazo López, a notificación do acordo da non procedencia da concesión dos beneficios solicitados dictada polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 24 de xuño de 2002 e 4 de xullo de 2002, respectivamente, significándose que se poderá presentar de novo ó abeiro do vixente R.D. 1/2002, do 11 de xaneiro, e Decreto 199/2002, do 6 de xuño.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da mesma lei, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Vista a solicitude de financiamento cualificado de adquisición de vivenda xa construída, presentada ó abeiro do R.D. 1186/1998, do 12 de xuño, e Decreto 346/1998, do 20 de novembro, e tendo en conta o establecido na disposición derrogatoria única do R.D. 1/2002, do 11 de xaneiro, así como a Resolución do 10 de abril que fai público no BOE do 18 de abril de 2002, o acordo do Consello de Ministros ó que se fai referencia na disposición transitoria primeira do citado R.D. 1/2002 e que determina a finalización do prazo da prórroga temporal de vixencia do Plan de Vivenda 1998-2001, esta Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo acorda a non procedencia da concesión dos beneficios solicitados, significándose que poderá presentarse de novo ó abeiro do vixente R.D. 1/2002, do 11 de xaneiro, e do Decreto 199/2002, do 6 de xuño, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no

R.D. 1/2002, para o período 2002-2005.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, a partir do

día seguinte ó da notificación da presente resolución».

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 13 de febreiro de 2003.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36-U-0208/2002.

Nome: Mª José Blanco Panete.

Enderezo: rúa Manuel Castro, nº 9, 4º esq. (Vigo).

Intentos de notificación: o 3-7-2002 ás 12 h.

Expediente: 36-U-0209/2002.

Nome: Natalia Collazo López.

Enderezo: rúa Aragón, trav. de Rosales, nº 4 (Vigo).

Intentos de notificación: o 16-7-2002 ás 12 h e o 17-7-2002 ás 12.50 h.