Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Martes, 11 de marzo de 2003 Páx. 2.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 29 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial Lugo, de notificación de inicio de expediente sancionador 5/2003 a María Inocencia Fernández Mantaras.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, tramitou expediente sancionador 5/2003, seguido de oficio, contra María Inocencia Fernández Mantaras, finalizando este trámite con acordo de inicio de expediente sancionador por non dedica-la vivenda de promoción pública adxudicada a domicilio habitual e permanente. Expediente LU-96/505, conta 11.

O citado acordo é do seguinte teor:

Acordo de inicio do expediente sancionador 5/2003.

Vistas as dilixencias seguidas de oficio pola Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

en relación coa vivenda de promoción pública construída baixo o expediente LU-96/505, conta 11, adxudicada a María Inocencia Fernández Mantaras, avda. América, bloque 1, portal 1-planta 3ª C de Ribadeo (Lugo) e unha vez terminadas estas e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes:

Feitos.

1. Con data 10 de xuño de 2002 realízase de oficio visita de inspección á vivenda de referencia, resultando imposible localizar a ninguén nela e constatando indicios de que a adxudicataria non reside de maneira habitual e permanente neste domicilio, segundo se reflicte na correspondente acta de inspección nº 1017/2002.

2. Con data 15 de xullo de 2002 efectuouse unha nova inspección á dita vivenda resultado, segundo se reflicte na acta de inspección nº 1221/2002, que non é posible localizar a ninguén nela, observándose indicios de non ocupación habitual.

3. Con datas 19 de agosto e 29 de novembro de 2002 solicitáronse os seguintes certificados:

-Certificado de empadroamento da adxudicataria solicitado ó Concello de Ribadeo.

-Certificado do consumo de enerxía eléctrica da vivenda solicitado á empresa Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A. (BEGASA).

-Certificado sobre o consumo real de auga da vivenda solicitado á empresa Aquagest.

4. En contestación ás anteriores peticións recíbese a seguinte documentación:

-Con data 16 de decembro de 2002 certificado do Concello de Ribadeo, segundo o cal resulta que no padrón de habitantes dese concello non figura inscrita a titular desde o 26 de setembro de 2000 no que se deu de baixa por traslado a Javea (Alicante).

-Con data 26 de agosto de 2002, certificado de consumo de enerxía eléctrica remitido pola empresa BEGASA, indicando que o consumo durante os últimos meses é baixo.

5. O artigo 5º, letra C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, dispón que «o non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses», constitúe unha infracción grave.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o Delegado Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio.

2. Ó abeiro do disposto no artigo 3.2º do regulamento do procedemento para o exercicio da potes

tade sancionadora Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formular alegacións e a achegar tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán, así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.

3. En particular, e segundo o artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días contados desde a súa notificación do presente acordo para achega-los documentos ou informacións que estimen convenientes e propoñer probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

4. Os feitos indicados poden ser constitutivos de infracción administrativa tipificada no punto e, 6 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infraccións en materia de vivenda da que aparece como presunta responsable María Inocencia Fernández Mantaras, podendo corresponderlle unha sanción de 601,02 ata 3.005,06 euros de multa, sen prexuízo do que resulte da tramitación do presente procedemento.

5. De acordo co artigo 153 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 30/1992, do 26 de novembro, o presunto responsable ten dereito a coñecer, entre outros extremos, o instructor do procedemento sancionador, dereito que o artigo 13.1º do Regulamento do procedemento estende ó coñecemento do secretario, sendo o seu réxime de recusación o contemplado nos artigos 28 e 29 da dita lei.

Vistos os preceptos sinalados e os demais de aplicación xeral, esta delegación

ACORDA:

1. Incoa-lo procedemento administrativo sancionador contra María Inocencia Fernández Mantaras, como presunta responsable dos feitos sinalados.

2. Nomear instructor do expediente a Francisco Centeno Márquez xefe da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e como secretario a Jesús Rodríguez Anllo, auxiliar administrativo da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo.

3. Conceder un prazo de quince días para achegaren os interesados cantas alegacións, documentos e informacións estimen convenientes, e, de se-lo caso, propoñer probas concretando os medios dos que pretendan valerse.

Comuníquese o presente acordo ó órgano instructor con traslado de tódalas actuacións practicadas, e notifíqueselles ós interesados, entendendo en todo caso como tal ó inculpado, con mención expresa dos requisitos esixidos polo artigo 58.2º da Lei de

réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 29 de xaneiro de 2003.

Antonio Boné Piña

Delegado provincial de Lugo