Examinado pola Sección Segunda do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso número 02/0006325/1998, interposto por Luis Pazos González contra resolución do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 28 de maio de 1998, dictouse sentencia do 31 de outubro de 2002, agora firme, pola que se estimaba o dito recurso.
Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administra
tiva, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve darlle publicidade á parte dispositiva da sentencia do 31 de outubro de 2002, que a seguir se transcribe:
«Estimámo-lo recurso contencioso-administrativo interposto por Luis Pazos González contra a resolución do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 28 de maio de 1998, que declarou extinguida a concesión correspondente á batea X nº 2, sita na cuadrícula 65 do polígono de Cambados A, da que era titular José Carrero Nine, acto que anulamos por non ser conforme a dereito; sen custas».
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2003.
Enrique César López Veiga
Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos