Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Martes, 11 de marzo de 2003 Páx. 2.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 11 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 290/2002, por infraccións en materia sanitaria.

Con data 13 de xaneiro de 2003, o/a instructor/a do procedemento dictou proposta de resolución do expediente sancionador nº 290/2002 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Galipes, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Galipes, S.L. o contido da dita proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no número 1º do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte á publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4,

A Coruña e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 11 de febreiro de 2003.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 290/2002.

Denunciado: Galipes, S.L.

DNI/NIF: B-15422793.

Último enderezo coñecido: lonxa nova de Ribeira, local 24, Ribeira.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia de rexistro xeral sanitario de alimentos.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 35.A.3 da Lei 14/1986, xeral de sanidade; artigos 2.1º.1; 2.2º e 3.3º.3 do Real decreto 1945/1983, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria e o Real decreto 1712/1991, sobre rexistro xeral sanitario de alimentos.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: 601,01 euros (seiscentos un euro con un céntimo).