Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Luns, 10 de marzo de 2003 Páx. 2.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización de rúa de nova apertura entre a de Bernardino Fondevila e a unidade de actuación número 9 do PXOU.

A Comisión de Goberno en sesión do 7 de xaneiro de 2003 aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización de rúa de nova apertura entre a de Bernardino Fondevila e a unidade de actuación número 9 do PXOU promovido, mediante iniciativa particular, por Priseca, Sociedad Limitada, visado pola Delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) con data 22-7-2001, e anexo ó proxecto e planos 2'', 3'' e 4' modificados, con data de visado colexial de 4-7-2002, anulando e substituíndo a súa documentación correlativa anteriormente presentada, documentación redactada polos arquitectos Eugenio Jiménez Passolas e Carlos Gustavo Pérez Álvarez, dispoñéndose o seu sometemento á información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos, número 2, desta cidade) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 22 de xaneiro de 2003.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral