Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Luns, 10 de marzo de 2003 Páx. 2.869

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-458).

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 5 de decembro de 2002, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle en predio de ordenanza 2C, en Lorbé-Dexo.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo diante do Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos arts. 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte a aquel en que reciba a notificación do presente acordo. Previa e potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición, de conformidade co art. 116

da Lei 30/1992, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a aquel en que reciba a devandita notificación.

Tamén poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no art. 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2 do mesmo art. 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia á que se refiren os arts. 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Oleiros, 17 de xaneiro de 2003.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta