Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Luns, 10 de marzo de 2003 Páx. 2.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 22 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de resolución do expediente sancionador 24/2002 a María Teresa Amor Simón.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 24/2002, seguido de oficio pola Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, contra María Teresa Amor Simón, finalizando este trámite con resolución do expediente sancionador por non dedica-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses.

O citado acordo é do seguinte teor:

Resolución do expediente sancionador 24/2002.

Vistas as dilixencias seguidas de oficio pola Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo en relación coa vivenda de promoción pública construída baixo o expediente LU-96/5005, conta 29, adxudicada a María Teresa Amor Simón, avda. América, bloque 1, portal 2-planta 3ª A de Ribadeo (Lugo) e unha vez terminadas estas e logo das actuacións previstas practicadas, de acordo cos seguintes:

Feitos.

1. Con data do 10 de xuño de 2002 realízase de oficio visita de inspección á vivenda de referencia, resultando imposible localizar a ninguén nela e constatando indicios de que a adxudicataria non reside de maneira habitual e permanente neste domicilio, segundo se reflicte na correspondente acta de inspección nº 1035/2002.

2. Con data do 15 de xullo de 2002 efectuouse unha nova inspección á dita vivenda resultando, segundo se reflicte na acta de inspección nº 1237/2002, que non é posible localizar a ninguén nela, observándose indicios de non ocupación habitual.

3. Con data do 13 de xuño de 2002 solicitáronse os seguintes feitos certificados:

-Certificado de empadroamento da adxudicataria solicitado ó Concello de Ribadeo.

-Certificado do consumo de enerxía eléctrica da vivenda solicitado á empresa Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A. (BEGASA).

-Certificado sobre o consumo real de auga da vivenda solicitado á empresa Aquagest.

4. En contestación ás anteriores peticións recíbese a seguinte documentación:

-Con data do 18 de xuño de 2002 certificado do Concello de Ribadeo, segundo o cal resulta que no padrón de habitantes dese concello figura inscrita a titular noutra vivenda.

-Con data do 31 de xullo de 2002 certificado de consumo de auga remitido pola empresa Aquagest, indicando as lecturas bimestrais do contador que o consumo é moi baixo durante os últimos meses.

-Con data do 25 de xuño de 2002, certificado de consumo de enerxía eléctrica remitido pola empresa BEGASA, indicando as lecturas que o consumo durante os últimos meses é moi baixo.

5. O artigo 5, letra C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, dispón que «o non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses», constitúe unha infracción grave.

6. Con data do 9 de decembro de 2002 dictouse proposta de resolución do citado expediente sancionador, pola que se propoñía a imposición a María Teresa Amor Simón dunha sanción de 601,02 euros de multa, notificada á denuncia con data do 17 do mesmo mes e ano.

7. Que con data de rexistro de entrada neste organismo do 16 de xaneiro de 2003 se presentaron alegacións ás que se xunta documentación acreditativa das causas que acreditaban a falta de habitualidade na ocupación da vivenda, ó realizar traballos por conta allea na localidade de Xixón e posteriormente na Coruña.

Feitos aprobados.

Da práctica dos medios probatorios derívanse os seguintes feitos probados:

Único.-Que actuando a administración en revisión dos seus propios actos ó terse acreditado suficientemente por parte de María Teresa Amor Simón que a causa determinante da falta de ocupación habitual que ten adxudicada na vivenda de promoción pública sita en avda. América, bloque 1, portal 2-planta 3ª A de Ribadeo, se debe á realización de traballos profesionais en Xixón e posteriormente na Coruña, mediante documental acreditativa das razón xustificativas da falta de ocupación na que se deixa constancia de traballos realizados en Xixón e na Coruña, procede, ó quedar xustificada debidamente esta

ausencia, o sobresemento do expediente e o arquivo das actuacións.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para cita-la resolución do presente expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, en virtude do disposto no artigo 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda establecidas no artigo 10 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

2. Que a infracción imputada está tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, que sinala que «terán a cualificación de infraccións graves ... c) o non destino das vivendas de protección ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante o prazo superior a tres meses» e, en tal sentido o Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda, define no seu artigo 3 qué se entende por domicilio habitual e permanente, del despréndese que se entende por domicilio permanente o que constitúa a residencia do titular, ben sexa propietario o arrendatario, e sen que perda tal carácter polo feito de que este, o seu cónxuxe ou parentes, dun e doutro, ata o terceiro grao que convivan co titular, exerzan na vivenda unha profesión ou pequena industria

doméstica, aínda que sexa obxecto de tributación, e por domicilio habitual, enténdese cando a vivenda non permaneza desocupada máis de tres meses, salvo que medie xusta causa.

3. Que xustificou plenamente a ocupación da vivenda de promoción pública que lle foi adxudicada mediante as alegacións presentadas e a documentación unida a elas.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

RESOLVO:

Sobrese-lo expediente sancionador 24/2002 incoado a María Teresa Amor Simón, ordenando o arquivo das actuacións.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso da alzada de conformidade co establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes.

Lugo, 22 de xaneiro de 2003.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo