Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Luns, 10 de marzo de 2003 Páx. 2.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2003 pola que se fai pública a adxudicación do contrato do servicio de creatividade para unha campaña de comunicación e imaxe sobre o medio rural galego.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise público o resultado da adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: S-2/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato do servicio.

b) Descrición do obxecto: servicio de creatividade para unha campaña de comunicación e imaxe sobre o medio rural galego.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 153, do 9 de agosto de 2002; BOE nº 196, do 16 de agosto de 2002; DOCE do 10 de agosto de 2002, S-155.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 300.500 A.

5. Adxudicación:

a) Data: 8 do novembro de 2002.

b) Contratista: Galicia Comunicación G&C SLU.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 294.017,08 A.

Esta resolución pon fin á vía administrativa.

Contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ser impugnada directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa nos casos e na forma prevista na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2003.

Belén Hernández Lafuente

Directora xeral da Axencia Galega

de Desenvolvemento Rural