Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Luns, 10 de marzo de 2003 Páx. 2.846

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona proposta de resolución de expediente sancionador pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Recreativos Rías Altas, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase proposta de resolución de expediente sancionador pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Territorial da Delegación Territorial de Pontevedra, en aplicación dos artigos 77 e seguintes, da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Michelena 30 Pontevedra, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 19 de febreiro de 2003.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

INTERESADOPROCEDEMENTO

RECREATIVOS RÍAS ALTAS, S.L.

NIF: B-15074628

R/ DOS MUÍÑOS 31, OLEIROS

TAXA FISCAL SOBRE O XOGO

EXPEDIENTE SANCIONADOR Nº: 36/2002/00120

PERÍODO IMPOSITIVO:2001.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA