Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Luns, 10 de marzo de 2003 Páx. 2.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan acordos de resolución de expediente sancionador pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Manuel Expósito Casas, S.A. e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de resolución de expediente sancionador pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial de Pontevedra, en aplicación do artigo 77 e seguintes, da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante a secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30 Pontevedra, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 19 de febreiro de 2003.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

INTERESADOPROCEDEMENTO

MANUEL EXPÓSITO CASAS, S.A.

DNI: A-36038495

R/ FONTENLA, POIO

TAXA FISCAL SOBRE O XOGO

EXPEDIENTE SANCIONADOR: Nº 87/2002

Nº ACTA: 36/2002/00072-0127

PERÍODO IMPOSITIVO:2000.

MANUEL EXPÓSITO CASAS, S.A.

DNI: A-36038495

R/ FONTENLA, POIO

TAXA FISCAL SOBRE O XOGO

EXPEDIENTE SANCIONADOR: Nº 88/2002

Nº ACTA: 36/2002/00073-0128

PERÍODO IMPOSITIVO:2001.