Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Aránzazu Corral Peralba.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña tramítase o recurso número 12/2003 (procedemento abreviado) interposto por María Aránzazu Corral Peralba na súa condición de aspirante incluída na lista para vinculacións temporais da categoría de médicos de familia (A Coruña). A recorrente pretende a asignación dunha puntuación definitiva de 15,14 puntos.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos