Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2003, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto e tramitación anticipada, do expediente de gasto CP-S-1/2003.

A Xerente de Atención Primaria do Sergas en Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación do servicio que a continuación se cita:

Expediente: concurso público CP-S-1/2003.

1. Obxecto: servicio de almacén e distribución entre os centros dependentes da xerencia.

2. Orzamento: cento dezasete mil corenta e dous euros con trinta e seis céntimos (117.042,36 euros, IVE incluído).

3. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación (2.340,85 euros).

4. Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Prazo de execución: un ano.

6. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Solvencia técnica e profesional: acreditarase conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, de prescricións técnicas e demais documentación complementaria pódense solicitar no departamento de Compras e Subministracións da Xerencia de Atención Primaria de Ourense; sita na avenida de Zamora número 13-3º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

12. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da xerencia, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo na forma indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

13. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da xerencia, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devantido día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o seguinte día hábil.

14. Documentación que deberán achega-los licitadores: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso será por conta do adxudicatario.

Ourense, 3 de febreiro de 2003.

Eloína Núñez Masid

Directora xerente de Atención Primaria de Ourense