Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.778

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 21 de febreiro de 2003 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nos centros de atención á primeira infancia dependentes da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado para o curso 2003/2004.

Advertidos erros no anexo III, na páxina 2.339, da citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia

nº 40, do mércores 26 de febreiro de 2003, cómpre substituílo polo que se publica a seguir:

ANEXO III

Baremo de aplicación ás solicitudes de admisión nos centros de atención á primeira infancia

1º Situación socio-familiar

1.1. Por cada membro menor de 18 anos a cargo da unidade familiar, incluído/a o/a neno/a para o que se solicita praza: 4 puntos.

1.2. Por cada membro maior de 18 anos a cargo da unidade familiar, sen ingresos económicos, agás os pais ou titores do neno/a para o que se solicita a praza: 4 puntos.

1.3. Por discapacidade física, psíquica ou sensorial, enfermidade crónica que requira internamento periódico, alcoholismo ou drogodependencia (segundo o grao):

-Pai: ata 5 puntos.

-Nai: ata 5 puntos.

-Outros membros da unidade familiar: ata 5 puntos.

1.4. Pola condición de familia monoparental: 6 puntos.

1.5. Por ausencia do fogar familiar de ámbolos dous membros parentais: 12 puntos.

1.6. Por irmán/a-áns/as con praza renovada no centro: 5 puntos.

1.7. Pola condición de familia numerosa: 6 puntos.

1.8. Calquera outra circunstancia socio-familiar que sexa susceptible de valoración a xuízo da comisión e adecuadamente acreditada: ata 5 puntos.

2º Situación laboral familiar.

2.1. Situación laboral de ocupación de ámbolos dous membros parentais: 6 puntos.

2.2. Situación laboral de desemprego sen prestación económica:

-Pai: 4 puntos.

-Nai: 4 puntos.

2.3. Situación laboral de desemprego con prestación económica:

-Pai: 3 puntos.

-Nai: 3 puntos.

2.4. Traballos sen cualificar fóra do fogar sen percepción económica fixa:

-Pai: 3 puntos.

-Nai: 3 puntos.

No caso de familias monoparentais adxudicaráselles a puntuación do epígrafe correspondente computando por dous, exceptuado o epígrafe 2.1, no que a puntuación da familia monoparental asimílase á formada por dous membros.

3º Situación económica.

RPC mensual da unidade familiar, referida ó salario mínimo interprofesional vixente:

-Inferior ó 50% do SMI: +3 puntos.

-Entre o 50% e o 75% do SMI: +2 puntos.

-Superior ó 75% e inferior ó 100% do SMI: +1 punto.

-Entre o 100% e o 125% do SMI: -1 punto.

-Superior ó 125% e inferior ó 150% do SMI: -2 puntos.

-Superior ó 150% do SMI: -3 puntos.

* En caso de obter igual puntuación, daráselle prioridade á renda per cápita máis baixa.