Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Martes, 04 de marzo de 2003 Páx. 2.681

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2003 polo que se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia no expediente 15-3296/2001.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola instructora do expediente nº 15-3296/2001.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Luís Seoane s/n (edificio administrativo Monelos, 2º andar, ala norte) da Coruña, en horario das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 15-3296/2001.

Interesado: Vasco de Gama Promotions, S.A.

NIF/CIF: A-92063130.

Acto notificado: proposta de resolución.

Importe: 1.202,02 A.