Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Martes, 04 de marzo de 2003 Páx. 2.681

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 6 febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador de animais OU 03/02-AN, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre animais 50/1999, do 23 de decembro, de réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos, particípolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo de conformidade co establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o conselleiro de Medio Ambiente, de conformidade co disposto no artigo 20.3º c) do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade autonómica de Galicia en relación co Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que

se facilitará na Delegación Provincial en Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 6 febreiro de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº/ano: OU 03/02-AN.

Denunciado: José Julio Regueira Sánchez.

DNI: 34999439-V.

Último enderezo coñecido: Camiño de Barbadás, 25 Ourense.

Feito denunciado: non posui-la licencia para a tenza de animais potencialmente perigosos. Non adopta-las medidas para evitar que o animal se escape ou extravíe e como consecuencia abalanzarse sobre unha persoa na Avenida de Marcelo Macías.

Precepto infrinxido: artigo 13.1º b) e artigo 13.2º a), da Lei 50/1999, do 23 de decembro, de réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Sanción: 3.005,06 A.