Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Martes, 04 de marzo de 2003 Páx. 2.673

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación para a instalación que se cita. (Expediente 18/2000 A.T.).

O 7 de febreiro de 2003, foi dictada resolución pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas,

pola que se declaran, en concreto, de utilidade pública as instalacións do aproveitamento hidroeléctrico do río Tronceda, Salto de Lagoa, que afecta o concello de Mondoñedo.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Baseándose no anterior, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar, os días 21 e 24 de marzo de 2003, a tódalas persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se expón como anexo a esta resolución e tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Mondoñedo, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia, do 18 de setembro, no BOP de Lugo, do 5 de setembro, e no xornal El Progreso do 23 de agosto de 2002, para que comparezan no Concello de Mondoñedo, respectivamente, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado ós interesados mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se sinalará día e hora para o levantamento de actas previas, así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Mondoñedo estará exposta a data do levantamento de actas. Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3º da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírtese a tódolos interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta delegación provincial ata o momento do levantamento de actas previas, para os únicos efectos de emenda-los posibles erros padecidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2º do regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidera practicar e así entende-las dilixencias co Ministerio Fiscal, segundo o establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

Lugo, 24 de febreiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de bens afectados

Relación de propiedades, bens e dereitos afectados

Nº parc.LugarCultivosPropietarioDomicilioAfecciónElemento

Lonx. (m)Superf. (m)

7CunqueirosMonte baixoDescoñecidos7210Tubos e acceso

23CunqueirosMonte baixoJosé Ramón Villalba PiñeiroÁspera, San Cosme de Barreiros, Lugo20400Acceso a central

José Antonio Díaz Otero (1/9)Seivane, nº 6, Os Remedios

Mondoñedo, Lugo

Concepción Díaz Otero (1/9)Pumariño, nº 9, Os Remedios

Mondoñedo, Lugo

28CunqueirosMonte baixoFrancisco Méndez Díaz (1/9)Valiño, 24, Os Remedios

Mondoñedo, Lugo

10700Tubos

José Ramón Legaspi Otero (1/3)Seivane, Os Remedios

Mondoñedo, Lugo

Visitación Díaz Otero (1/3)Seivane, Os Remedios

Mondoñedo, Lugo

29

Cunqueiros

Monte baixo

Ramona DíazSeivane, Os Remedios

Mondoñedo, Lugo

10

700

Tubos

Remedios DouralSeivane, Os Remedios

Mondoñedo, Lugo

30CunqueirosEucaliptosMª del Carmen García Carreiras

e Manuel Rodríguez Luaces

Alexandre Bóveda, 35, Lugo601.800Tubos

Jesús Losada PoloSeivane, nº 3, Os Remedios

Mondoñedo, Lugo

31CunqueirosMonte baixoConcepción Losada PoloCoto da Recadeira

Mondoñedo, Lugo

10200Tubos

Descoñecidos

32CunqueirosMonte baixoMaría Josefa Barreira Rivas

e José María Barreira Rivas

Avda. Ferrol, nº 13-2º esq.

Viveiro

8160Tubos

44CunqueirosEucaliptosMª del Carmen García Carreiras

e Manuel Rodríguez Luaces

Alexandre Bóveda, 35, Lugo402.000Tubos

48CunqueirosMonte baixoDaniel Fernández CasabellaTronceda, Os Remedios

Mondoñedo, Lugo

100500Encoro

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL