Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Martes, 04 de marzo de 2003 Páx. 2.673

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (651/2002-E).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado co número 651/2002 por instancia de Milagros Varela Castro, sobre separación contenciosa, acordouse a citación de Manuel Cambeiro Fernández, mediante a publicación da seguinte cédula de emprazamento:

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de primeira instancia número dez da Coruña e o seu partido, na resolución desta data, dimanante dos autos de medidas provisionais número 651/2002, seguidos por instancia de Milagros Varela Castro, representada polo procurador Lage Fernández-Cervera, por medio da presente cédula cítase a Manuel Cambeiro Fernández a fin de que o próximo día 24 de marzo ás 10 horas, compareza neste xulgado, sito na rúa Capitán Juan Varela, s/n, Edificio Audiencia, 4ª planta, representado por procurador e defendido por letrado, facéndolle as seguintes prevencións legais: debe asistir á vista coas probas das que intente valerse; se non asistise, sen causa xustificada, poderá determinar que se consideren admitidos os feitos alegados polo cónxuxe presente para fundamenta-las súas peticións sobre medidas provisionais de carácter patrimonial; e indícaselle, ademais, que dentro dos tres días seguintes á citación, debe indicar a este xulgado as persoas que terán que

ser citadas para que asistan á vista, ben como testemuñas ou como peritos, ou como coñecedores dos feitos sobre os que tería que declarar vostede. Debe facilita-los datos e circunstancias das persoas que haxa que citar para poder levar a cabo a citación.

E para a súa inclusión no DOG, expido o presente edicto que asino na Coruña o cinco de febreiro de dous mil tres.

A secretaria xudicial

Rubricado