Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Martes, 04 de marzo de 2003 Páx. 2.658

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de montes, convocado pola Orde do 8 de abril de 2001, pola que se ordena a publicación dos acordos do proceso de lectura do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión celebrada o día 25 de febreiro de 2003 polo tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de montes da Xunta de Galicia convocado pola Orde do 8 de abril de 2001 (DOG nº 199, do 15 de outubro) acordouse, de conformidade co establecido nas bases da convocatoria:

Primeiro.-Dar comezo á lectura pública do segundo exercicio da fase de oposición a partir do día 6 de marzo de 2003, na EGAP.

Segundo.-Convócanse os opositores Tubío Figueiro, Manuel; Vázquez Quintela, José Antonio; Veiga Aguiar, Fernando; Villares Porto-Domínguez, Amaya; e Zapata Fernández, José Manuel, o día 6 de marzo de 2003, ás 16 horas, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, para proceder á lectura do seu exercicio. Esta lectura deberá ser efectuada polo autor do exercicio ou, na súa imposibilidade, ó seu rogo e na súa presencia, pola persoa que designe ou por un membro do tribunal.

Terceiro.-Diariamente se irán expoñendo as notas nos distintos taboleiros de anuncios, a relación de opositores citados para a seguinte sesión, así como a data e a hora de comezo.

Así mesmo, as puntuacións publicaranse diariamente unha vez rematada a lectura dos exercicios correspondentes.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2003.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Presidente do tribunal