Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Martes, 04 de marzo de 2003 Páx. 2.647

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, pola que se convocan cento vintenove cursos de aplicador/manipulador de praguicidas de usos fitosanitario e gandeiro para agricultores.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de formación

para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipulador destes productos, establece no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vaia realizar.

A finalidade principal destes cursos é conseguir unha formación adecuada para os agricultores que realicen tratamentos na súa propia explotación, sen empregar persoal auxiliar, con productos fitosanitarios ou de uso gandeiro, de categorías toxicolóxicas nociva ou tóxica, co obxecto de que poidan obte-lo carné de manipulador para eses productos, de nivel básico, que os capacite para exercer esta actividade a nivel autonómico e estatal.

En consecuencia, anúnciase a convocatoria de cento vintenove cursos de aplicador/manipulador de praguicidas que terán lugar de acordo coas seguintes bases:

1. Clases de cursos que se van impartir.

Cursos de aplicador/manipulador de productos fitosanitarios e de uso gandeiro, nivel básico.

2. Datos do organismo organizador.

O organismo organizador será o Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia.

3. Obxectivos dos cursos.

Que os agricultores que produzan alimentos para consumo propio ou para a venda efectúen correctamente os tratamentos con praguicidas para poder garantir así que se gardan os prazos de seguridade obrigatorios para cada praguicida e se cumpre coas esixencias legais en vigor en canto a límites de residuos.

Que o aplicador utilice o equipo de protección adecuado para evita-los posibles danos á súa saúde e á doutras persoas.

Que o agricultor coñeza os primeiros auxilios que se deben prestar en caso de que se produza unha intoxicación con praguicidas.

Que as técnicas de aplicación dos praguicidas se realicen de forma que se impida a posible contaminación do ambiente.

4. Destinatarios.

a) Destinatarios: agricultores que realicen exclusivamente tratamentos na súa explotación con productos fitosanitarios ou de uso gandeiro.

b) Nº de prazas: o número de alumnos que poderá participar por curso será de 30 como máximo.

Criterios de selección: o solicitante deberá ter, alomenos, 18 anos, e as solicitudes seleccionaranse tendo en conta a súa orde de presentación en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. Realización.

Os lugares e datas de realización dos cento vintenove cursos son os que figuran como anexo III desta resolución.

Duración e horario:

Duración de cada curso: 21 horas lectivas distribuídas en 13 horas de clases teóricas e 8 clases prácticas.

O horario de cada curso será das 15.30 ás 19.30 horas de luns a xoves e das 9 ás 14 horas do venres.

Os coordinadores de cada curso poderán modifica-lo horario ou ben os días se fose necesario.

6. Programa.

Os temarios que se impartirán son os que figuran no anexo II.

7. Coordinación técnica do curso.

De acordo coa facultade conferida no artigo 10 da Orde do 30 de xullo de 1997, a coordinación dos cursos será realizada a través do Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia.

8. Solicitudes e inscrición.

a) Documentación: o persoal que desexe participar neste curso deberá presentar cuberta a solicitude que figura como anexo I xunto cunha fotocopia compulsada do DNI.

A documentación sinalada anteriormente presentarase nos rexistros xerais da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural das 9 ás 14 horas, ou en calquera das oficinas previstas no

artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes será de ata 7 días naturais antes da data do comezo de cada curso.

b) Admisión: a relación de solicitantes admitidos exporase no taboleiro de anuncios do centro onde se impartirá o curso, no prazo de 3 días naturais, contados a partir do seguinte ó da finalización do prazo sinalado para a inscrición.

9. Certificado de superación do curso.

Para obte-lo certificado de superación do curso, o alumno debe asistir a tódalas súas sesións e ter superadas as probas pertinentes que avalen os coñecementos adquiridos. Unha vez obtido este certificado poderáselle solicitar ó Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia o carné de manipulador de productos fitosanitarios e de uso gandeiro de nivel básico, que é o único documento válido para poder exerce-la actividade para os efectos de inspección por parte dos organismos oficiais correspondentes.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2003.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

ANEXO II

Programa do curso para os productos fitosanitarios e de uso gandeiro. Nivel básico:

1. Praguicidas: descrición e xeneralidades.

2. Riscos derivados da utilización dos praguicidas.

3. Perigosidade dos praguicidas para a saúde. Intoxicación.

4. Práctica da protección fitosanitaria. Relación traballo-saúde, primeiros auxilios en caso de intoxicación.

5. Medidas preventivas e protectoras para evita-lo risco de uso de praguicidas.

6. Boa práctica fitosanitaria. Protección do ambiente e normas legais.

7. Exercicios prácticos.

8. Proba de avaliación.

Mínimo de horas lectivas: 21.

ANEXO III

Cursos de aplicador/manipulador de praguicidas fitosanitarios e de uso gandeiro. Nivel básico en oficinas agrarias comarcais.

Oficinas agrarias comarcaisLugar de

realización

cursos

Data

inicio

Oficina Agraria Comarcal de BaioZas117-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de CambreArteixo117-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de CambreAbegondo124-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de CarballoCoristanco115-9-2003

Oficina Agraria Comarcal de CorcubiónMuxía-Os Muíños17-4-2003

Oficina Agraria Comarcal de ArzúaArzúa124-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de ArzúaArzúa115-9-2003

Oficina Agraria Comarcal de MelideSobrado117-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de OrdesOrdes124-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de OrdesOrdes16-10-2003

Oficina Agraria Comarcal de NegreiraNegreira110-11-2003

Oficina Agraria Comarcal de NegreiraA Baña117-11-2003

Oficina Agraria Comarcal de NegreiraNegreira124-11-2003

Oficina Agraria Comarcal de NoiaOutes117-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de PadrónPadrón117-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de PadrónPadrón124-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de PadrónPadrón131-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de RibeiraRibeira124-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de Sta. CombaSanta Comba13-11-2003

Oficina Agraria Comarcal de Sta. CombaColúns-Mazaricos110-11-2003

Oficina Agraria Comarcal de Sta. CombaA Picota-Mazaricos117-11-2003

Oficina Agraria Comarcal de Santiago de C.Bembibre117-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de Santiago de C.Vedra124-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de Santiago de C.Memenzo131-3-2003

Oficina Agraria Comarcal das PontesA Capela-Sande117-11-2003

Oficina Agraria Comarcal de FerrolNarón-Val117-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de FerrolNarón-Val131-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de FerrolNarón-A Gándara124-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de OrtigueiraOrtigueira110-11-2003

Oficina Agraria Comarcal da FonsagradaA Fonsagrada117-3-2003

Oficina Agraria Comarcal da FonsagradaA Fonsagrada124-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de CastroverdeCastroverde12-6-2003

Oficina Agraria Comarcal de FriolFriol117-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de FriolNodar124-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de FriolNodar131-3-2003

Oficinas agrarias comarcaisLugar de

realización

cursos

Data

inicio

Oficina Agraria Comarcal de LugoLugo117-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de LugoLugo120-10-2003

Oficina Agraria Comarcal de MonterrosoMonterroso124-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de SarriaSarria17-4-2003

Oficina Agraria Comarcal de SarriaSarria121-4-2003

Oficina Agraria Comarcal de ChantadaChantada124-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de ChantadaChantada113-10-2003

Oficina Agraria Comarcal de FozAlfoz15-5-2003

Oficina Agraria Comarcal de FozFoz110-11-2003

Oficina Agraria Comarcal de MondoñedoLourenzá124-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de MondoñedoMondoñedo122-9-2003

Oficina Agraria Comarcal de RibadeoTrabada-Sande17-4-2003

Oficina Agraria Comarcal de ViveiroXove117-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de ViveiroViveiro112-5-2003

Oficina Agraria Comarcal de GuitirizGuitiriz117-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de MeiraMeira124-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de VilalbaVilalba112-5-2003

Oficina Agraria Comarcal de CarballiñoCarballiño13-11-2003

Oficina Agraria Comarcal de CelanovaCelanova124-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de OurenseToén-Alongos117-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de OurenseA Peroxa124-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de RibadaviaRibadavia117-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de RibadaviaRibadavia16-10-2003

Oficina Agraria Comarcal de AllarizXunqueira17-4-2003

Oficina Agraria Comarcal de MacedaMaceda114-4-2003

Oficina Agraria Comarcal de VerínVerín124-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de VerínVerín121-4-2003

Oficina Agraria Comarcal de VerínOímbra110-11-2003

Oficina Agraria Comarcal de Xinzo de LimiaXinzo de Limia12-6-2003

Oficina Agraria Comarcal de Xinzo de LimiaXinzo de Limia116-6-2003

Oficina Agraria Comarcal da GudiñaA Gudiña119-5-2003

Oficina Agraria Comarcal da RúaA Rúa113-10-2003

Oficina Agraria Comarcal de Castro CaldelasCastro Caldelas16-10-2003

Oficina Agraria Comarcal do BarcoO Barco15-5-2003

Oficina Agraria Comarcal da Pobra de TrivesA Pobra de Trives115-9-2003

Oficina Agraria Comarcal de Viana do BoloViana do Bolo122-9-2003

Oficina Agraria Comarcal da EstradaA Estrada15-5-2003

Oficina Agraria Comarcal de ForcareiForcarei124-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de ForcareiForcarei17-4-2003

Oficina Agraria Comarcal de LalínLalín131-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de SilledaSilleda121-4-2003

Oficina Agraria Comarcal de Vila de CrucesVila de Cruces17-4-2003

Oficina Agraria Comarcal da CañizaA Cañiza124-3-2003

Oficina Agraria Comarcal da CañizaA Cañiza121-4-2003

Oficina Agraria Comarcal de PonteareasPonteareas117-3-2003

Oficina Agraria Comarcal de RedondelaRedondela15-5-2003

Oficina Agraria Comarcal do PorriñoVigo115-9-2003

Oficina Agraria Comarcal do RosalO Rosal117-3-2003

Oficina Agraria Comarcal do RosalO Rosal124-3-2003

Oficina Agraria Comarcal do RosalO Rosal131-3-2003

Oficina Agraria Comarcal do RosalO Rosal17-4-2003

Oficina Agraria Comarcal do RosalO Rosal121-4-2003

Oficina Agraria Comarcal do RosalO Rosal16-10-2003

Oficina Agraria Comarcal do RosalO Rosal120-10-2003

Oficina Agraria Comcarcal de TuiTui128-4-2003

Oficina Agraria Comcarcal de Caldas de ReisPontecesures17-4-2003

Oficina Agraria Comcarcal de CangasCangas124-3-2003

Oficina Agraria Comcarcal de CangasMarín121-4-2003

Oficina Agraria Comcarcal de CangasBueu115-9-2003

Oficina Agraria Comcarcal de CangasVilaboa122-9-2003

Oficina Agraria Comarcal de CangasMoaña113-10-2003

Oficina Agraria Comcarcal de Ponte CaldelasPontevedra131-3-2003

Oficina Agraria Comcarcal de Ponte CaldelasPoio128-4-2003

Oficina Agraria Comcarcal de Ponte CaldelasPontevedra120-10-2003

Oficina Agraria Comcarcal de VilagarcíaCambados117-3-2003

Oficina Agraria Comcarcal de VilagarcíaCambados124-3-2003

Oficina Agraria Comcarcal de VilagarcíaRibadumia131-3-2003

Cursos de aplicador/manipulador de praguicidas fitosanitarios e de uso gandeiro. Nivel básico en centros de formación e experimentación agraria.

Centros de formación e

experimentación agraria

Lugar de

realización

cursos

Data

inicio

GuísamoGuísamo117-3-2003

Guísamo124-3-2003

Guísamo15-5-2003

Guísamo12-6-2003

Guísamo122-9-2003

Guísamo110-11-2003

SergudeSergude112-5-2003

BecerreáBecerreá124-3-2003

Becerreá17-4-2003

Becerreá120-10-2003

Becerreá110-11-2003

Monforte de LemosMonforte de Lemos117-3-2003

Monforte de Lemos17-4-2003

Monforte de Lemos119-5-2003

Monforte de Lemos129-9-2003

Monforte de Lemos127-10-2003

Pedro MuriasPedro Murias117-3-2003

Pedro Murias124-3-2003

Pedro Murias122-9-2003

Pedro Murias16-10-2003

RibadumiaRibadumia126-5-2003

Salceda de CaselasSalceda de Caselas117-3-2003

Salceda de Caselas124-3-2003

Salceda de Caselas121-4-2003

Salceda de Caselas17-7-2003

CernadasVal do Dubra124-3-2003

Val do Dubra16-10-2003