Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Luns, 03 de marzo de 2003 Páx. 2.619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2003 pola que se anuncia concurso público e procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servicio que se cita. (Expediente 302/2003).

1. Entidade adxudicadora: a) Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 302/2003.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza de diversos centros da Universidade de Vigo. b) División por lotes e número: 2 lotes, lote 1: Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra e lote 2: pavillón polideportivo, instalacións deportivas, edificio Servicio de Deportes no Campus das Lagoas-Marcosende. c) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: o importe total para o lote 1 é 141.000 euros e lote 2: 56.100 euros.

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Enderezo: r/ Oporto, 1, edificio anexo ó Rectorado-3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo, 36201. d) Teléfono: 986 81 35 56. e) Fax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. Enderezo: r/ Oporto, 1-planta baixa. Localidade e código postal: Vigo, 36201. d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses. e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: a) Entidade: Sala de Xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Enderezo: r/ Areal, 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo, 36201. d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Páxina web onde se poden atopar os pregos e mais información: http://www.uvigo.es

Vigo, 21 de febreiro de 2003.

P.D. (Resolución 14-6-2002)

Augusto Viso Alonso

Xerente da Universidade de Vigo