Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Luns, 03 de marzo de 2003 Páx. 2.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 3 de decembro de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas, os prazos de ingreso en período voluntario e executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que se insire a continuación non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 0046/0014/33/0010230081, Banco Galego, oficina principal, situada na praza do Ferrol, nº 6 de Lugo, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral da recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no devandito artigo 20 do RXR esixiranse os correspondentes xuros de demora (artigo 21 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer no prazo de 15 días, a partir do seguinte a esta notificación, recurso de reposición ante ó órgano emisor ou reclamación económica-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste, serve de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Lugo, 3 de decembro de 2002.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

Marta I. Cabarcos Cabarcos33542507-CAsis. sanitaria3-11-2001456,50
Antonio Castro Fernández33856353-PAsis. sanitaria22-7-2001559,91
Julio Cortiñas Montoya33335882-GAsis. sanitaria8-5-2002223,37
Carmen García Aira33860597-CAsis. sanitaria16-5-2001223,37
Begoña González Fernández10870716-LAsis. sanitaria25-5-2002236,55
Manuel Gómez Prieto11698074-KAsis. sanitaria13-8-2001223,37
Gonzalo González Díaz33835704-JAsis. sanitaria11-11-2001223,37
Antonio R. Iglesias Rozas33535222-AAsis. sanitaria13-5-2002236,55
Antero A. MachadoX-1454765-SAsis. sanitaria13-7-2001223,37
Manuel R. Mariño García76556460-VAsis. sanitaria28-11-20013.622,15
Lina M. Ramírez ÁlvarezM-3301004-KAsis. sanitaria20-12-2001223,37
Mónica Real Suárez33550498-FAsis. sanitaria5-7-2001223,37
Roberto Trebolle Álvarez33815388-YAsis. sanitaria18-7-2001223,37