Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Luns, 03 de marzo de 2003 Páx. 2.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 15 de xaneiro de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Veiga e Carpazal, a favor dos veciños da Aspra, no concello dos Blancos (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada con data do 23 de abril de 2002, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común a favor dos veciños da Aspra, do monte denominado Veiga e Carpazal, no concello dos Blancos e coas características que de seguido se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Belén Bris Marino e Míriam Areal López.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Os Blancos (Ourense).

Denominación do monte: Veiga e Carpazal.

Comunidade propietaria: lugar da Aspra.

Superficie: 18,5 h aproximadamente, en conxunto.

Monte denominado Veiga:

Superficie 15 h aproximadamente.

Estremas.

Norte: estrada de acceso ás granxas de Coren e límite co termo municipal de Porqueira.

Sur: monte comunal pertencente ós veciños de Mosteiro (Concello dos Blancos), deslindado polo vértice do peche da nave seguindo a liña imaxinaria que enlaza cos dous marcos da Cova da Veiga, ata o marco da Pipa, chegando ata a propiedade particular pertencente ó polígono nº 33, parcela nº 252 pertencente a José Dafonte Docampo.

Leste: propiedades particulares pertencentes ó polígono nº 33 (parcelas nº 252 pertencente a José Dafonte Docampo, nº 253 de María Castro González, nº 274 de Manuel Estévez Pena, nº 303 de Jesús Lama González, nº 306 de Baltasar Castro Nóvoa, e outras propiedades particulares).

Oeste: peche da nave.

Monte denominado Carpazal:

Superficie: 3,5 h aproximadamente.

Estremas:

Norte: propiedades particulares pertencentes ó polígono nº 31 (parcelas nº 68 de Luz Pérez Lama, nº 72 de José Lama Barrio, e outras propiedades particulares) e ó polígono nº 32 (parcelas nº 211 de José Blanco Castro, nº 217 de José Lama Barrio, e outras propiedades particulares).

Lama, nº 252 de Julián Lama Barrio, nº 263 de Josefa Pena López, e outras propiedades particulares).

Leste: propiedades particulares pertencentes ó polígono nº 31 (parcelas nº 18 de José Pena Dacal, nº 46 de José Loureiro Salinas, nº 52 de Manuela Araújo Sárez, nº 62 de Daniel Castro González, e outras propiedades particulares).

Oeste: propiedades particulares pertencentes ó polígono nº 32 (parcelas nº 211 pertencentes a José Lama Barrio, nº 236 de José Loureiro Salinas, e outras propiedades particulares).

O límite coas propiedades particulares atópanse delimitados mediante muros de pedra e valados na terra.

O límite co monte veciñal de Mosteiro. atópase delimitado mediante marcos de pedra.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 15 de xaneiro de 2003.

Míriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense