Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Luns, 03 de marzo de 2003 Páx. 2.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 13 de xaneiro de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Monte Asperón, a favor dos veciños de Pexeiros, no concello dos Blancos (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada con data do 23 de abril de 2002, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común a favor dos veciños de Pexeiros, do monte denominado Monte Asperón, no concello dos Blancos e coas características que de seguido se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Belén Bris Marino e Míriam Areal López.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Os Blancos (Ourense).

Denominación do monte: Monte Asperón.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Pexeiros.

Superficie: 33 h, aproximadamente.

Estremas.

Norte. Propiedades particulares pertencentes ó:

-Polígono nº 46: parcelas nº 581 de Enriqueta Gómez Forneiro, nº 533 de Sergio Gil Gómez, nº 719 de Juan Antonio Gómez Arrojo, nº 528 de Teresa Vázquez Lorenzo, nº 757 de Edelmiro Gil Díaz, e outras propiedades particulares.

-Polígono nº 41: parcelas nº 481 de Irene Rodríguez Araújo, nº 374 de Pilar e Urbano Cuquejo Pena, e outras particulares.

-Polígono nº 47: parcelas nº 205 de Antonio Mandines Feiojoó, nº 207 de Antonio Rodríguez Pérez, e otras particulares.

-E o monte comunal de Tornadoiro pertencente á localidade de Aguís (Os Blancos). O lindero con este monte márcao a liña imaxinaria do polígono nº 46 que une os predios nº 580 de Enriqueta Gómez Forneiro, Enrique Gómez Arrojo e Cándida González Gómez, con nº 693 de Antonio López Gómez.

Sur: monte comunal pertencente ós veciños de Covas (Os Blancos), separado pola liña que enlaza a propiedade particular nº 1.102 de Domingo Sotelo Cuquejo cunha rocha denominada Penedo do Escaño, ata chegar á propiedade particular nº 373 do polígono nº 41 de Rosa Araújo Fernández.

Leste: propiedades particulares pertencentes ó polígono nº 46: parcelas nº 695 de José e Plácido Gil Trigo, nº 724 de Enriqueta Gómez Forneiro, nº 1.078 de Agustín García Pérez, nº 1.102 de Domingo Sotelo Cuquejo, e outras particulares.

Oeste: propiedades particulares pertencentes ó:

-Polígono nº 46: parcelas nº 581 de Enriqueta Gómez Forneiro, nº 580 de Enriqueta Gómez Forneiro, Enrique Gómez Arrojo, Cándida González Gómez, nº 376 de Luis González Rodríguez, nº 729 de Sabina Gil González, e outras particulares.

-Polígono nº 41: parcela nº 373 de Rosa Araújo Fernández.

Os límites coas propiedades particulares encóntranse delimitados mediante muros de pedra e valados na terra.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 13 de xaneiro de 2003.

Míriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense