Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Luns, 03 de marzo de 2003 Páx. 2.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Goia-Peñote, nos concellos de Xermade, Vilalba e Muras (Lugo), promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 27 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de Parque Eólico Goia-Peñote, nos concellos de Xermade, Vilalba e Muras (Lugo), promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Declaración de impacto ambienta

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

-Proxecto de execución. Parque Eólico de Goia-Peñote. Febreiro de 2000.

-Estudio de impacto ambiental e arqueolóxico para o Parque Eólico de Goia, Peñote. Febreiro de 2000.

-Anexo ó estudio de impacto ambiental e arqueolóxico para o Parque Eólico de Goia-Peñote.

-Anexo ó proxecto de execución. Modificación de infraestructuras. Parque Eólico de Goia-Peñote. Decembro de 2000.

-Documentación adicional ó anexo Proxecto de execución «Modificación de infraestructuras» do P.E. Goia-Peñote. Xuño 2001.

-Documentación complementaria ó estudio de impacto ambiental e arqueolóxico do Parque Eólico Goia-Peñote. Agosto 2002.

-Documentación ambiental do Parque Eólico Goia-Peñote. Setembro 2002.

-Perfiles lonxitudinais e transversais. Parque Eólico Goia-Peñote. Setembro 2002.

-Plan de restauración do Parque Eólico Goia-Peñote, nos concellos de Muras, Xermade e Vilalba (Lugo). Outubro de 2002.

-Programa de vixilancia ambiental do Parque Eólico Goia-Peñote, nos concellos de Muras, Xermade e Vilalba, Lugo. Outubro de 2002.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente DIA, sen prexuízo do disposto no artigo 6.4º do Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garantí-la biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, as seguintes condicións, ademais das incluídas no estudio ambiental e restante documentación avaliada, de xeito que se asegure a minoración dos posibles impactos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración refírese en exclusiva ó modificado do proxecto denominado Parque Eólico Goia-Peñote, que consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 40,8 MW de potencia total nos concellos de Xermade, Vilalba e Muras (Lugo), constituído por 48 aeroxeradores modelo Gamesa G-58 de 850 kW de potencia unitaria, localizados dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM:

Vértice XVértice Y

604.0004.811.500

606.0004.811.000

605.0004.810.500

605.0004.810.000

605.5004.810.500

606.5004.810.000

606.5004.811.000

607.491,794.811.000

608.3504.808.500

609.2064.808.206

608.0004.807.000

607.0004.808.000

606.0004.807.500

605.0004.809.000

605.0004.809.500

604.0004.809.500

602.5004.810.000

De acordo co indicado no punto 6.3 da DIA, deberá afectuarse o desvío da gabia do cableado que conecta a subestación cos aeroxeradores M-25 a M-33, nas condicións sinaladas no citado punto.

A localización dos aeroxeradores e infraestructura asociada ó parque eólico será a que se recolle nos planos. Plano de vegetación de la zona de afección. Planos nº 1 y 2. 27/09/02, incluídos na Documentación ambiental do Parque Eólico Goia-Peñote. Setembro 2002, agás para o que se derive do parágrafo anterior.

As coordenadas UTM dos 48 aeroxeradores previstos son as seguintes:

AeroxeradorUTM XUTM Y

M-01603.774,3994.810.116,691

M-04603.925,3434.810.475,258

M-05603.912,8414.810.325,317

M-06603.921,3894.810.051,931

M-07604.305,3084.811.147,440

M-08604.242,5134.810.924,530

M-09604.179,7184.810.701,620

M-10604.240,0994.810.576,433

M-13604.300,4804.810.451,245

M-14604.273,2764.810.301,125

M-16604.246,0734.810.151,005

M-17604.218,8724.810.000,900

M-18605.249,5864.809.549,768

M-19605.252,5004.809.390,011

M-20605.393,6574.809.344,167

M-21605.462,7334.809.186,115

M-22605.750,5254.808.690,219

M-23606.035,6054.808.904,182

M-25606.246,4484.809.117,075

M-26606.197,7354.809.266,741

M-27606.851,0164.810.584,914

M-28606.875,1784.810.448,773

M-29606.899,3404.810.312,631

M-30607.232,8094.809.884,714

M-31607.300,0004.809.771,077

M-32607.440,1504.809.770,965

M-33607.580,3004.809.770,852

M-34606.137,2644.807.930,993

M-35606.291,6264.808.043,752

M-36606.445,9884.808.156,511

M-37606.600,3604.808.269,277

M-38606.780,1604.808.377,986

M-39606.902,7394.808.324,001

M-40607.025,3174.808.270,016

M-41607.147,9154.808.216,022

M-42607.280,8284.808.269,577

M-43607.414,3424.808.280,978

M-44607.547,8554.808.292,379

M-45607.665,1714.808.227,625

M-46607.829,9514.808.191,817

M-47608.002,4704.808.237,060

M-48608.134,2204.808.331,400

R-11607.165,6174.809.998,350

R-12607.720,4504.809.770,740

R-13607.860,6364.809.770,627

R-14608.372,5704.808.461,290

2. Protección da atmosfera.

2.1. Sobre a emisión de po.

Durante a fase de obras procederase, nos períodos de seca, á humectación continua das vías e das zonas onde se estean a realizar movementos de terras, co fin de evita-lo levantamento excesivo de po. Así mesmo, os camións de transporte de terras ou materiais que poidan xerar po, deberán ir cubertos con lonas ou similar.

2.2. Sobre a contaminación acústica.

Os niveis de presión sonora no parque e nas vivendas máis próximas non poderán supera-los valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, se é o caso, o establecido nas ordenanzas municipais ó respecto.

A tal fin, levarase a cabo un seguimento do nivel de ruído durante as fases de construcción e funcionamento do parque, de acordo coa proposta incluída no documento Programa de vixilancia ambiental do Parque Eólico Goia-Peñote, nos concellos de Muras, Xermade e Vilalba, Lugo. Outubro de 2002.

3. Protección das augas e leitos fluviais.

Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga (encrucilladas de vías, gabias de cableado...) así como calquera captación ou vertido, precisará da autorización do órgano de conca competente segundo o caso, conforme o establecido no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas, axustándose así mesmo ás directrices do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa.

As obras non poderán afectar a calidade e ó volume das augas que teñan por finalidade o abastecemento público dos núcleos e das zonas de afección das construccións, tendo prioridade este servicio fronte a calquera outro.

As augas residuais que se xeren no edificio de control deberán ser conducidas ata a fosa séptica prevista, que deberá ser mantida periodicamente para garanti-lo seu correcto funcionamento.

Realizarase un exhaustivo control do correcto funcionamento dos dispositivos de drenaxe previstos (tanto transversais como lonxitudinais) e das condicións de incorporación das augas á rede natural, co fin de comprobar que non se producen alteracións no réxime hídrico e nas condicións de hidromorfía preexistentes, así como verifica-la eficacia das medidas correctoras adoptadas, tanto as indicadas na documentación avaliada como as derivadas desta declaración.

Neste sentido, desenvolverase o plan de control da rede de drenaxe proposto no documento Programa de vixilancia ambiental do Parque Eólico Goia-Pe

ñote, nos concellos de Muras, Xermade e Vilalba, Lugo. Outubro de 2002.

A achega das augas das drenaxes á rede hidrográfica farase gradualmente, instalando, se é o caso, sistemas protectores e/ou de disipación de enerxía, co fin de evitar erosión, deposición de sólidos ou asolagamentos na traxectoria de incorporación das augas ós cursos naturais.

Extremaranse as precaucións na execución de obras nas zonas de afección á rede hidrolóxica, tanto as directas sinaladas na documentación avaliada como as indirectas, adoptando tódalas medidas protectoras e correctoras necesarias e contando durante a súa realización coa supervisión do técnico de seguimento ambiental do proxecto.

A medida que avanza a obra procederase á estabilización e revexetación dos noiros de desmonte e terraplén resultantes da execución das vías, así como das plataformas de montaxe e cunetas, co obxecto de previr fenómenos erosivos e incorporación de sólidos ás augas. Nas zonas de maior pendente empregaranse mallas antiescorrega e calquera outra medida necesaria para evita-lo arrastre de materiais ladeira abaixo.

Non se acumularán terras, entullos, material de obra nin calquera outro tipo de materiais ou substancias nas zonas de servidume e policía dos cursos fluviais e áreas hidromorfas, nin interferindo na rede natural de drenaxe, para evita-la súa incorporación ás augas no caso de chuvias ou escorrega superficial. Non está permitido o lavado de maquinaria e materiais nos cursos de auga.

Non estando previsto no estudio ambiental presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este necesariamente será provisto desde planta ou plantas localizadas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións.

Co fin de controlar que a calidade das augas non resulta afectada, tanto na fase de obras como ó final destas e, ata que se constate ausencia de afeccións, levarase a cabo o plan de control proposto no documento Programa de vixilancia ambiental do Parque Eólico Goia-Peñote, nos concellos de Muras, Xermade e Vilalba, Lugo. Outubro de 2002.

4. Protección do solo.

Realizarase un control topográfico preciso dos límites das zonas de obra e da localización de tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas, que se axustará ó establecido nesta declaración, estando prohibido ocupar terreos fóra dos previstos.

Para calquera modificación que fose necesario introducir no proxecto, independentemente da súa causa, observarase o indicado no punto 13.4 da presente declaración.

Procederase á delimitación das distintas zonas de obra mediante o seu balizamento, que deberá manterse en perfecto estado durante o transcurso das obras, sendo retirado cando estas finalicen.

As infraestructuras asociadas á construcción do parque eólico executaranse de acordo coas especificacións técnicas e dimensións sinaladas no proxecto, non permitíndose o seu sobredimensionamento.

A circulación de vehículos e maquinaria de obra no parque restrinxirase ás vías e zonas acondicionadas para o efecto.

Na realización das voaduras disporanse dos medios materiais necesarios (redes, mallas, lonas...) que impidan a proxección de fragmentos de rocha ó contorno. En calquera caso, se estes se producisen, deberán ser retirados da zona e depositados en lugar autorizado.

Nos movementos de terras equilibrarase ó máximo o volume de desmonte co de terraplén, tendo en conta que se trala finalización das obras existise material sobrante das escavacións, será retirado e depositado en lugares autorizados polo órgano competente. Así mesmo, no caso de precisar materiais de préstamo, deberá acreditarse previamente a súa procedencia, indicando a localización, extensión, volume e condicións de restauración do préstamo que se vaia efectuar.

Para a localización das instalacións de obra seleccionarase un lugar de baixo valor ambiental, escasa pendente e afastado de calquera curso de auga, zona hidromorfa ou área de protección arqueolóxica, reflectindo a localización prevista no plano requirido no punto 11.2 desta DIA.

No caso de deterioración de camiños ou calquera outra infraestructura ou instalación preexistente debido ós labores de construcción do parque eólico, deberá restituírse a súa calidade existente ós niveis previos ó inicio das obras.

A realización do proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que se refire ó uso e defensa destas. As obras, edificacións, cerramentos e accesos que afecten ós terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

5. Xestión de residuos.

Tódolos residuos que se xeren como consecuencia da instalación, explotación e desmantelamento do parque eólico deberán ser xestionados en función da súa natureza e conforme a lexislación vixente, primando a reciclaxe ou reutilización fronte ó vertido.

Os residuos almacenaranse en contedores ata a súa entrega a xestor autorizado, atendendo ós criterios de almacenamento establecidos na lexislación vixente e sinalizando claramente a súa presencia.

Os labores de limpeza, mantemento e reparación da maquinaria durante a fase de obras realizaranse en talleres autorizados, eliminando así o risco de derrames accidentais de substancias contaminantes. Cando isto non sexa posible polas características

da maquinaria (mobilidade restrinxida), estas tarefas realizaranse na zona destinada a instalacións de obra, protexendo o solo con materiais impermeables e dispoñendo dos medios necesarios para a recollida de posibles vertidos.

Ó finaliza-las obras, e antes do inicio da fase de explotación, deberán terse retirado e xestionado a totalidade dos residuos de obra.

Mentres tanto non se produzan as sucesivas entregas ó xestor autorizado, durante a fase de construcción os contedores localizaranse na zona de instalacións de obra, e durante a fase de explotación disporanse no edificio de control do parque.

6. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

6.1. Sobre a fauna.

Nas cancelas canadenses que se instalen para impedi-lo paso do gando, deberán adoptarse medidas que posibiliten o escape dos pequenos vertebrados que poidan caer no foxo. Estas medidas serán, segundo o caso, rampla de subida ou laterais abertos, conforme o sinalado na documentación complementaria de setembro de 2002.

Respecto á avifauna, realizaranse comprobacións periódicas que permitan determina-la existencia ou non de afeccións sobre os seus efectivos poboacionais e detectar posibles cambios no comportamento e usos do hábitat producidos pola instalación e/ou presencia dos aeroxeradores.

Para tal fin, levarase a cabo o plan de seguimento da avifauna proposto no documento Programa de vixilancia ambiental do Parque Eólico Goia-Peñote, nos concellos de Muras, Xermade e Vilalba, Lugo. Outubro de 2002, así como unha valoración conxunta dos resultados dos plans de seguimento de avifauna dos parques e da LAT recollidos no estudio de sinerxias incluído na Documentación complementaria ó estudio de impacto ambiental e arqueolóxico do Parque Eólico Goia-Peñote. Agosto 2002.

Así mesmo, á vista da poboación de quirópteros detectada na zona, levarase a cabo o plan de seguimento proposto no documento Programa de vixilancia ambiental do Parque Eólico Goia-Peñote, nos concellos de Muras, Xermade e Vilalba, Lugo. Outubro de 2002.

6.2. Sobre a vexetación.

A eliminación da vexetación nas diferentes zonas afectadas polas obras reducirase ó estrictamente necesario, efectuándose mediante sistemas de roza.

Previamente á corta de arboredo realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes.

Para calquera aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira aplicarase o disposto na Resolución do 27 de maio de 2002 (e posteriores correccións de erros), da Consellería de

Medio Ambiente, relativa á tramitación e resolución dos expedientes de autorización para sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos.

Será preciso xestiona-la biomasa vexetal eliminada, primando a súa valorización, tendo en conta que non se pode proceder á queima destes restos. No caso de que sexa depositada sobre o terreo, deberase proceder á súa trituración e espallado homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ó solo.

6.3. Sobre os hábitats naturais.

Prestarase especial atención en non compromete-la persistencia dos hábitats naturais prioritarios e de interese comunitario presentes no polígono do parque, asegurando o seu mantemento ou restablecemento nun estado de conservación favorable, tal como se establece na Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres.

Con este obxectivo, as vías que se localicen sobre hábitats higroturbófilos deberán ser executadas por compactación, minimizando ó máximo o movemento de terras e a ocupación do solo. Estarán dotados dunha capa permeable que permita perfectamente a drenaxe, aplicando a técnica constructiva descrita na Documentación ambiental do Parque Eólico Goia-Peñote. Setembro 2002.

Sen detrimento doutros treitos, a medida aplicarase nos tramos de vía correspondentes ás obras proxectadas nas teselas denominadas 15, 15' e 16 nos planos de vexetación incluídos no antedito documento (aeroxeradores 44 ó 48 e R-14), e entre os aeroxeradores M-4 e M-9. No plano requirido no punto 11.2 da DIA deberán sinalarse expresamente aqueles treitos nos que se aplicará esta técnica, especificando a súa lonxitude total.

As gabias do cableado deberán axustarse o máximo posible ó trazado das vías, tanto ós de nova construcción como existentes ou para acondicionar. Esta cuestión debe quedar perfectamente reflectida no plano requirido no punto 11.2 da DIA.

Así mesmo, o trazado da gabia do cableado que interconecta a subestación coa aliñación de aeroxeradores M-25 ó M-33 deberá evita-la carballeira existente no seu percorrido, debendo presentarse unha proposta de desvío conforme o requirido no punto 11.1 da DIA.

A dirección de obra deberá dispoñer de planos detallados da distribución dos hábitats de interese comunitario e áreas que se debe preservar, e será asesorada en todo momento das condicións para a súa protección. Ademais, estas zonas deberán ser balizadas previamente ó inicio das obras para evitar posibles afeccións.

En todo momento garantirase que as obras non alteren as condicións de hidromorfía das áreas higro

turbófilas e outras áreas hidromorfas. Isto faise extensible ás charcas existentes no contorno dos aeroxeradores M-29, M-4 e M-8, que non poderán ser afectadas baixo ningunha circunstancia. Estas charcas deberán ser balizadas previamente á realización de obras no seu contorno.

En calquera caso, durante as fases de replanteo, apertura ou acondicionamento de vías, execución de cimentacións, esplanacións e gabias do cableado, realizarase un seguimento continuo en campo por parte do equipo de seguimento ambiental do proxecto, co obxecto de verificar que non se producen impactos imprevistos e que se adoptan as medidas protectoras e correctoras necesarias para a súa preservación, tanto as indicadas na documentación avaliada como as establecidas nesta declaración. Así mesmo, poderase solicita-la adopción de medidas compensatorias, de se consideraren necesarias no seu momento.

No caso de que se detectase algún impacto non previsto na documentación presentada polo promotor ou na presente declaración, tomaranse as medidas oportunas para paraliza-la actuación, poñendo en coñecemento da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a incidencia detectada, que a avaliará e informará sobre a conveniencia ou non de continua-la actuación nesas circunstancias.

7. Protección do patrimonio cultural.

Cara a evitar posibles afeccións, establécese, para esta obra, unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural, cun raio de 50 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado.

A realización de calquera tipo de obra nas referidas áreas precisará dun informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Así mesmo, evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos en todo o ámbito do parque, polo que, previamente ó inicio das obras, se elaborará un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Durante a fase de execución de obra, procederase á inspección dos terreos rozados e dos perfís das gabias de conducción do cableado.

A sinalización dos xacementos arqueolóxicos recollidos no estudio ambiental deberá efectuarse na fase de replanteo ou, en todo caso, previamente ó inicio das obras.

De acordo cos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha destas fases a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia. Estes traballos financiaranse con cargo á execución do proxecto, tal e como se prevé na citada lei.

8. Sobre a paisaxe.

Empregaranse cores pouco rechamantes e tons mate no acabado dos aeroxeradores e as liñas eléctricas previstas no interior do parque, tanto en baixa como en media tensión, así como as de telemando, comunicacións, etcétera, estarán soterradas en gabias, tal e como se indica no estudio ambiental.

O acabado exterior do edificio de control adecuarase á tipoloxía constructiva da zona, de acordo co indicado no estudio ambiental. As cores que se utilizarán na pintura de exteriores serán acordes co contorno e de acabado mate.

Se os afloramentos rochosos existentes na zona tivesen interese xeomorfolóxico ou paisaxístico deberán ser preservados de calquera dano. Se isto implicase o desvío dalgunha infraestructura ou instalación, aplicarase o indicado no punto 13.4 desta DIA.

9. Outras medidas.

Co fin de evitar posibles colisións de aeronaves cos aeroxeradores, deberanse instalar, de se-lo caso, sinalizacións conforme a normativa OACI (Organización de Aviación Civil Internacional), que indiquen a presencia dos aeroxeradores.

10. Restauración.

Tódalas superficies afectadas ou deterioradas pola execución das obras (marxes das vías, cunetas, contorno das obras de drenaxe, gabias do cableado, plataformas de montaxe, contorno da subestación, zonas de amoreamento de materiais...) deberán ser restauradas e revexetadas, restituíndo a vexetación autóctona presente na zona e favorecendo a recuperación do solo e a reinstalación da vexetación orixinal. Así mesmo, garantirase o mantemento da revexetación ó longo do tempo.

Os labores de restauración e revexetación deberán realizarse paralelamente ó avance da obra, conforme as distintas superficies que se van restaurar acadan o seu estado definitivo, co fin de evitar fenómenos erosivos e lograr unha maior integración paisaxística das zonas alteradas desde un principio.

Deberá realizarse un seguimento da efectividade dos labores de restauración en tódalas fases, incrementando a intensidade do seguimento no caso de que se detecten dificultades para o desenvolvemento da vexetación.

En función da súa natureza e características, a capa edáfica ou horizonte vexetal do solo será retirada previamente á ocupación do terreo, amoreada sen mesturala con outros horizontes e mantida nas condicións sinaladas no plan de restauración.

Previamente á revexetación efectuarase o acondicionamento do terreo, procedendo á súa descompactación e laboreo superficial, retirando o exceso de pedregosidade e estendendo a terra vexetal previamente amoreada. Minimizarase o estendido de terra vexetal, restrinxíndoo ás zonas alteradas que vaian ser restauradas.

Ó finaliza-las obras, retiraranse as casetas de obra e calquera outra estructura relacionada, procedendo á recuperación da zona afectada.

Na fase de desmantelamento e abandono do parque, unha vez rematada a súa vida útil, levaranse a cabo tódalas actuación necesarias para recupera-la situación preoperacional da zona ocupada pola instalación.

Tendo en conta que o plan de restauración presentado non prevé a totalidade dos condicionados anteriores, deberá presentarse un novo plan conforme o requirido no punto 11.6 desta DIA.

Co fin de evita-la duplicidade de vías, efectuarase a restauración do treito de vía existente e paralelo ó das futuras posicións dos aeroxeradores M-38 e M-41, unha vez sexa construída a vía prevista no proxecto e instalados estes aeroxeradores, conforme o sinalado no documento Documentación ambiental do Parque Eólico Goia-Peñote. Setembro 2002. A este respecto, presentarase a documentación indicada no punto 11.5 da DIA.

11. Documentación adicional.

Previamente ó inicio das obras, o promotor presentará perante o órgano substantivo, que dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

11.1. Proposta de desvío do trazado da gabia do cableado que interconecta a subestación coa aliñación de aeroxeradores M-25 ó M-33, evitando a carballeira existente, segundo o punto 6.3 desta DIA. Xuntaráselle de valoración ambiental e plano de detalle, que reflicta a situación inicial, elementos do patrimonio cultural, vexetación e hábitats presentes.

Unha vez recibido o informe favorable desta dirección xeral sobre a documentación requirida no punto anterior, presentarase:

11.2. Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a poligonal do parque e tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas, de acordo co que se derive do cumprimento do punto anterior.

Representarase o trazado das gabias do cableado axustándose ás vías. Diferenciaranse, en cores ou grafía distintiva, as vías preexistentes das de nova construcción e aqueles que se vaian acondicionar, así como as que se executarán por compactación, indicando na lenda a lonxitude de cada tipo e a das gabias do cableado. Reflectiranse asemade o/s

punto/s de acceso ó parque, os elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela e a localización prevista da zona de instalacións de obra, parque de maquinaria e amoreamento de materiais.

11.3. Resultados da campaña preoperacional de análise da calidade das augas, conforme o plan de control presentado. As analíticas serán efectuadas por entidade acreditada ou homologada, empregando métodos oficiais de análise.

11.4. Proposta metodolóxica para a detección e valoración de efectos acumulativos e/ou sinérxicos sobre a avifauna, referidos ós parques eólicos e LAT recollidos no estudio de sinerxias. Proporanse umbrais de risco e medidas correctoras específicas ó respecto.

11.5. Acordo para a restauración do tramo de vía entre as posicións M-38 e M-41, segundo o indicado no punto 10 da DIA. Xuntaráselle o documento técnico, incluíndo orzamento, onde se detallen as condicións técnicas da dita restauración.

11.6. Novo plan de restauración, que recolla axeitadamente os condicionados establecidos no punto 10 da DIA, entre os que cabe destacar: execución da restauración conforme avanza a obra, presentando calendario de labores; plan de vixilancia do desenvolvemento da revexetación; descrición dos labores de preparación do terreo previamente á revexetación; restauración de tódalas zonas alteradas polas obras, incluíndo a totalidade da superficie das plataformas; descrición completa e individualizada de tódalas actuacións de restauración nas fases de obra e desmantelamento; novos orzamentos, completos e individualizados, para as fases de obra e desmantelamento. Os dous orzamentos incluirán medicións debidamente xustificadas, cadro de prezos unitarios, unidades de obra con prezos descompostos (incluíndo desmontaxe de aeroxeradores e subestación), orzamentos parciais, orzamento total de execución material e presuposto total de execución por contrata. Novos planos da restauración, diferenciando

cada unha das fases do plan.

11.7. Identificación do responsable ambiental por parte do promotor, en cumprimento do indicado no punto 13.3 da presente DIA.

11.8. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de obras, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

11.9. Copia da autorización do proxecto arqueolóxico para a realización do control e seguimento arqueolóxico durante a fase de obras, conforme o indicado no punto 7 da presente DIA. En ningún caso poderán iniciarse as obras sen a autorización expresa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, respecto do indicado neste punto.

Unha vez avaliada a antedita documentación, remitiráselle ó promotor o seu resultado, non podendo proceder ó inicio das obras ata que conte co informe favorable da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre a totalidade da documentación requirida.

Unha vez reciba o informe favorable desta dirección xeral sobre o cumprimento dos puntos anteriores, o promotor comunicará a esta dirección xeral a data de inicio das obras, remitindo, como mínimo 48 horas antes do seu comezo, un cronograma de obras actualizado, que conteña tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, as datas de inicio e fin e a duración prevista.

12. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras previstas no estudio ambiental e no condicionado da presente declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitiralle á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo e coa periodicidade indicada, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

12.1. Durante a execución das obras, con carácter mensual, presentarase:

a) Cronograma de obras actualizado, con tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, a porcentaxe de execución respecto ó total. No cronograma figurará a data de actualización e os sucesivos cronogramas virán numerados correlativamente.

Con carácter trimestral, presentarase un informe de obras que inclúa:

b) Resultados do plan de control do nivel de ruído, con medicións en plena actividade, indicando persoal de obra e maquinaria en funcionamento. As medicións serán efectuadas por entidade homologada e os informes presentaranse asinados por técnico desa entidade.

c) Resultados dos plans de control da calidade das augas (con analíticas efectuadas por entidade acreditada ou homologada), funcionamento dos dispositivos de drenaxe, condicións de incorporación das augas á rede natural e seguimento de avifauna, conforme o indicado nos puntos 3 e 6.1 desta DIA.

d) Informe, xunto con reportaxe fotográfica, onde se describa o desenvolvemento dos traballos, controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas), resultados da aplicación das medidas pro

tectoras e correctoras (control de eficacia), tanto as indicadas na documentación avaliada como as establecidas nesta declaración, incidencias ou imprevistos acontecidos, labores de restauración levados a cabo, xestión dos residuos de obra, protección dos hábitats naturais, etcétera. O informe reflectirá o cumprimento das condicións establecidas na declaración, en relación con tódolos aspectos incluídos ou derivados dela. Nas fotografías indicarase a data e hora, xuntándolles dun plano de localización.

e) Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a situación real das obras e porcentaxe de execución respecto ó total, referido ós distintos elementos que conforman o proxecto: vías, aeroxeradores, plataformas de montaxe, gabias do cableado, etcétera.

12.2. Ó final das obras, comunicarase a data prevista para a posta en marcha da instalación. No prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos traballos, presentarase un informe fin de obras, co seguinte contido mínimo:

a) Memoria onde se describa o desenvolvemento dos traballos desde a emisión do último informe de obras, controis ambientais efectuados de acordo co plan de vixilancia (indicando datas das visitas), medidas protectoras e correctoras levadas a cabo e resultado destas (control de eficacia), incidencias ou imprevistos acontecidos e solucións adoptadas, destino dos sobrantes de terras, residuos de obra e biomasa vexetal e descrición detallada do estado final da área afectada, en relación con tódolos aspectos incluídos no estudio ambiental e no condicionado desta declaración.

b) Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os aeroxeradores, estado das vías, drenaxes e cunetas, gabias do cableado, estado de limpeza da área, en especial da zona destinada a instalacións de obra, así como das zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e hora, e xuntaráselles un plano de localización.

c) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados.

d) Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de explotación, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

e) Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a situación real de tódalas instalacións e infraestructuras do parque, correspondente a un levantamento topográfico da obra realizada, indicando así mesmo as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

12.3. Seguimento ambiental semestral, contado a partir do inicio da explotación, durante os dous primeiros anos desta. Este informe incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:

a) Resultados do seguimento do nivel de ruído na fase de funcionamento do parque, indicando o número de aeroxeradores en marcha durante a medición. Os resultados da primeira medición realizada serán remitidos no momento no que sexan obtidos.

b) Resultados do control do funcionamento dos dispositivos de drenaxe, mantemento do réxime hídrico, calidade das augas e condicións de incorporación das augas á rede natural, de acordo co punto 3 da DIA. A frecuencia do control da rede de drenaxe será mensual durante os primeiros seis meses como mínimo, establecéndose a frecuencia posterior en función dos resultados obtidos.

c) Resultados do plan de seguimento de avifauna e quirópteros, conforme o indicado no punto 6.1 da DIA.

d) Informe, xunto con reportaxe fotográfica detallada, no que se describan os resultados da aplicación do plan de restauración, indicando os avances e as incidencias no proceso de rexeneración da cuberta vexetal, estado das vías, noiros, drenaxes, cunetas, gabias do cableado e aquelas zonas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión. Detallaranse os controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas) para verifica-la eficacia e evolución das medidas protectoras e correctoras adoptadas, avaliando o seu resultado. Descrición das posibles incidencias en relación con tódolos aspectos incluídos ou derivados da DIA. Nas fotografías indicarase a data e hora, xuntándolles dun plano de localización.

12.4. Seguimento ambiental anual: presentarase a partir do segundo ano de explotación e terá os contidos do informe requirido no punto anterior. A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, por proposta motivada do promotor ou á vista dos resultados obtidos no seguimento, poderá modifica-lo contido deste informe ou a frecuencia dos controis que se vaian realizar.

12.5. Seguimento dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos: xunto cos informes de seguimento ambiental, achegarase un anexo cos resultados do seguimento e valoración dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos do parque coa LAT e os parques do seu contorno recollidos no estudio de sinerxias. Prestarase especial atención á avifauna e hábitats protexidos, indicando as medidas protectoras e/ou correctoras adoptadas no caso de producirse a aparición deste tipo de efectos.

12.6. Informe previo ó abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación do parque, remitirase o cronograma previsto das actuacións de desmantelamento e abandono da instalación. De se-lo caso, xuntarase un informe no que se indiquen as posibles variacións respecto do pre

visto no plan que se vaia presentar de acordo co punto 11.6 desta DIA, xunto coa súa xustificación.

12.7. Informe posterior ó abandono: no prazo de dous (2) meses contados a partir da fin das accións para o desmantelamento e abandono da instalación, remitirase un informe que conteña a descrición detallada das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión aplicada ós residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Xuntaráselle de reportaxe fotográfica que reflicta o estado final da área, unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación.

No caso de que se detecten durante o seguimento ambiental que se efectúe, en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicarase inmediatamente a esta dirección xeral, propoñéndose as medidas correctoras precisas para corrixilas.

13. Condicións adicionais.

13.1. Para efectos de seguimento da presente declaración, o órgano substantivo comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

13.2. As condicións sinaladas nesta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento para a empresa promotora. Nembargantes, o promotor poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación, ou implicasen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando a documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a presente DIA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá á súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comeza-las obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral para o efecto.

13.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, que o comunicará ó órgano ambiental.

13.4. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá elaborarse tendo en conta a variable ambiental e será notificado previamente, a través do órgano substan

tivo, á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, que o avaliará e decidirá sobre a súa aceptación, comunicando así mesmo se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

13.5. Previamente ó inicio das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ó ambiente e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.

Proponse como importe provisional do aval, que deberá fixa-lo órgano substantivo, o 4% do investimento previsto, ascendendo á cantidade de un millón trescentos cincuenta e cinco mil douscentos trinta e un con corenta e sete (1.355.231,47) euros. O importe definitivo do aval, que será actualizable, proporase cando o promotor presente o orzamento completo do plan de restauración, tendo en conta o requirido no punto 11.6 da presente DIA.

13.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración, en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

13.7. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que estes sexan corrixidos.

13.8. O incumprimento total ou parcial, por parte da empresa promotora, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

13.9. A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de lles solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificacións desta, incluído, de se-lo caso, o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou normas subsidiarias.

13.10. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

13.11. Como queira que a publicación da DIA no Diario Oficial de Galicia é preceptiva segundo o disposto no artigo 5.7º Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, non poderán iniciarse os traballos ata que sexa cumprido este trámite.

ANEXO I

Resumo do proxecto

O modificado do proxecto denominado Parque Eólico Goia-Peñote, promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A., consiste na instalación e explo

tación dun parque eólico composto por 48 aeroxeradores e a súa infraestructura asociada, nos concellos de Xermade, Vilalba e Muras (Lugo).

Os aeroxeradores distribuiranse en varias aliñacións, no interior do polígono definido polas coordenadas UTM que se indican no punto 1 desta declaración.

As características básicas do proxecto presentado son as seguintes:

-Número de aeroxeradores: 48.

-Modelo: G-58.

-Potencia unitaria por aeroxerador: 850 kW.

-Potencia total instalada: 40,8 MW.

-Altura das torres: 55 m.

-Diámetro do rotor: 58 m.

-Producción neta anual prevista: 107.733 MWh/año.

-Investimento previsto: 33.880.786,77 euros.

A obra civil inclúe a execución duns 7.700 m de vías de acceso e servicio ós aeroxeradores, cunha amplitude de rodadura de 5 m e dotados de cunetas e drenaxes para a recollida e evacuación de pluviais. Prevese a execución duns 13.275 m de gabias de conducción do cableado, cunha amplitude máxima de 80 cm, que contarán con arquetas de rexistro intermedias. O proxecto prevé tamén a construcción dunha subestación transformadora 20/132 kV e un edificio de control anexo, que albergará a parte cuberta da subestación.

Medidas preventivas e correctoras

Protección da atmosfera.

-Rega das superficies cando as obras coincidan co período de estiaxe.

-Plan de mantemento da maquinaria para reducí-las emisións.

-Realización dun control das emisións de ruído.

Protección do solo.

-As obras axustaranse ó especificado no proxecto.

-Empregaranse, na medida do posible, as vías existentes na zona.

-Reposición de vías se resultan deterioradas.

-Retirada coidadosa e mantemento da terra vexetal retirada para que no perda as súas cualidades.

-Descompactado de terreos previamente ó estendido de terra vexetal.

-Tódolos terreos afectados polas obras serán restaurados.

-Os sobrantes de terras levaranse a vertedoiro autorizado, e non se crearán vertedoiros incontrolados. Os materiais de préstamo terán a súa procedencia acreditada.

-O mantemento e a reparación de maquinaria realizarase en talleres dedicados para tal fin.

-Preveranse vertedoiros para tódolos residuos de obra ou da actividade, para as distintas categorías de residuos xerados.

-O formigón trasladarase en formigoneiras desde as plantas de fabricación, evitando instalacións provisionais no parque.

Protección da fauna e vexetación.

-Reposición de pasos e cercas para o gando.

-Reducí-las voaduras ó mínimo, sobre todo no periodo de reproducción das aves.

-No caso de detectarse cadáveres, retiraranse para evita-la atracción de especies preeiras.

-Realización dun seguimento da incidencia do parque sobre a avifauna.

-As obras axustaranse ó especificado no proxecto, procurando que a afección á vexetación sexa a mínima posible.

-Reposición da vexetación unha vez finalizadas as obras, axustándose ó plan de revexetación do estudio ambiental.

-Rega para evita-lo levantamento e deposición de po na vexetación.

-Descompactado do terreo.

Protección da rede hidrolóxica.

-Vixilaranse os arrastres de materiais e construiranse gabias a pé de terraplén para recoller escorregas.

-Revexetación das zonas alteradas.

-O mantemento e a reparación de maquinaria realizarase en talleres dedicados a tal fin.

-As augas residuais dos servicios hixiénicos levaranse á rede de saneamento municipal ou fosa séptica.

-Non se modificará a rede hidrolóxica da zona sen autorización do organismo de conca.

-Os cruzamentos de gabias do cableado cos regatos faranse cun deseño especial.

-Respectaranse as charcas e zonas asolagadas, e non se modificarán as súas condicións hidrolóxicas.

-Colocación de drenaxes nos cruzamentos de regatos e zonas húmidas (en especial na zona da vía que comunica os aeroxeradores 3 ó 5, e ó longo das vías e zonas de desmonte).

-Os residuos en fase de funcionamento recolleranse en contedores axeitados a tal fin.

Sobre a paisaxe.

-Aeroxeradores con cores pouco chamativas e acabado mate. Deseño e acabado de edificacións e vías

con criterios de integración cromática e constructiva co medio. Pantalla arbórea. Revexetación. Liñas eléctricas no interior do parque soterradas. Desmantelamento do parque ó finaliza-la súa vida útil.

ANEXO II

Resumo dos informes

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe favorable sobre o estudio de impacto ambiental e arqueolóxico e as súas medidas correctoras, cos seguintes condicionantes que se incluirán na correspondente declaración ambiental:

1. Cara a evitar posibles afeccións, establecerase, para esta obra, unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural, cun raio de 50 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado. A realización de calquera tipo de obras nestas áreas precisará o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

2. Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, de execución de obra e de restitución dos terreos, en todo o ámbito do parque eólico. Para tal fin, e previo ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

3. Durante a fase de execución de obra, procederase á inspección dos terreos rozados e dos perfís das gabias.

4. A sinalización dos xacementos arqueolóxicos recollidos no estudio de impacto farase na fase de replanteo ou, en todo caso, en momentos previos ó inicio das obras.

5. De acordo cos resultados das actuacións arqueolóxicas, en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

6. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

7. Tal e como se recolle no artigo 63.2º da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, os traballos arqueolóxicos descritos máis arriba financiaranse con cargo á execución do proxecto.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza, a través da Subdirección Xeral de Espacios Naturais e Biodiversidade, emite tres informes ó longo da tramitación do proxecto de referencia.

No primeiro, ademais de poñer de manifesto a localización do proxecto no LIC Serra do Xistral, expón unha serie de cuestións e carencias sobre a docu

mentación presentada, que leva a considerala insuficiente para poder efectuar unha análise e valoración rigorosa do medio.

No segundo informe, trala presentación por parte do promotor do documento Documentación complementaria ó estudio de impacto ambiental e arqueolóxico do Parque Eólico Goia-Peñote. Agosto 2002, ademais de especificar unha serie de condicionados, establece a necesidade de completar certos aspectos, co que resulta necesario achegar nova documentación que recolla o contido do informe.

No terceiro informe, á vista da nova documentación presentada polo promotor (Documentación ambiental do Parque Eólico Goia-Peñote. Setembro 2002; Perfiles lonxitudinais e transversais. Parque Eólico Goia-Peñote. Setembro 2002), e revisado o expediente completo, indica que de cumprirse todo o requirido, non hai motivos para non estimar unha adecuada integración entre os intereses ambientais e os industriais. De todos modos, a execución das obras e o plan de seguimento ambiental serán determinantes no cumprimento da premisa anterior.

Co fin de permitir unha maior integración e menor impacto negativo, coidan que se deberá considera-lo seguinte:

1. As pistas que se localicen sobre hábitats higroturbófilos (como as breixeiras húmidas) executaranse por compactación, dotándose dunha capa permeable que permita perfectamente a drenaxe. Fan mención xenérica pois o plano presentado non fai diferenciación entre hábitat de Breixeiras Secas e hábitats de Breixeiras Húmidas Atlánticas. Como caso particular á xeneralización anterior témo-lo treito de vía que intercomunica os aeroxeradores M-4 e M-9, que atravesa unha zona hidromorfa, sobre a que se aplicará a medida proposta.

2. No tocante ó treito de vía que intercomunica os aeroxeradores que van do 38 ó 41, consideran correcta a argumentación pola que se xustifica a necesidade de realizar unha vía nova como consecuencia das limitacións de índole técnica. Nembargantes, tamén consideran oportuno que se faga efectiva a proposta de restauración da vía existente.

3. As gabias de cabledo, ademais de gardar paralelismo coas pistas, deberán localizarse o máis próximo posible a estas. Por outro lado, o treito de gabia de cableado que interconecta a subestación coa aliñación de aeroxeradores que van do M-25 ó M-33, deberá salva-la masa de carballos.

4. No tocante á existencia dunha caseta de vixilancia pertencente ó Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais, S.D.C.I.F., reitérase a necesidade de dar cumprimento ó disposto no informe anterior.

5. No relativo ó tema de aves e quirópteros séguese a manter vixente o preceptuado nos informes precedentes.

Nembargantes, a pesar de tódalas medidas consideradas para evitar ou minimiza-los impactos negativos, é inevitable salva-los efectos producidos pola propia instalación da obra, aínda que sexan asumibles polo medio. Neste sentido, no caso de estimarse necesario no seu momento, poderanse solicitar medidas compensatorias.

A Dirección Xeral de Obras Públicas informa que a realización deste proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que atinxe ó uso e defensa destas. As obras, edificacións, cerramentos e accesos que afecten ós terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

A Dirección Xeral de Turismo emite informe de incidencia turística do proxecto, que inclúe os seguintes epígrafes: antecedentes, impacto visual na paisaxe e principios normativos nos que se basea o informe.

No epígrafe de conclusións indican que o impacto visual na paisaxe sería considerable, e dada a orografía da zona, imposible de amortecer. No obstante o anterior, o feito da existencia de diversos parques eólicos na zona fai que a valoración global do impacto producido polo novo parque eólico sobre o medio perceptual poida ser cualificado como moderado, considerando asumible polo tanto a instalación solicitada con informe de incidencia turística.

A Dirección Xeral de Industria emite informe favorable, que inclúe un resumo das características básicas do proxecto, da tramitación realizada, dos informes emitidos polos organismos consultados, dos resultados de información pública e unha proposta de condicionado ambiental, que inclúe os seguintes epígrafes:

-Ámbito territorial de actuación.

-Impacto causado pola ocupación do terreo.

-Refugallos.

-Flora e fauna.

-Impacto visual.

-Urbanismo.

-Programa de vixilancia ambiental.

O organismo autónomo Augas de Galicia emite un informe que inclúe a descrición da rede hidrolóxica na área do parque e un resumo das características do proxecto avaliado e da súa localización, xunto co do seguinte condicionado:

En todo momento, durante a construcción e na fase de explotación deberán terse en conta as medidas protectoras de non alteración dos cursos fluviais e a prohibición de verter refugallos neles. No caso de que estes se producisen, deberán ser retirados. Prohibirase o lavado de camións e formigoneiras e o cambio de aceite da maquinaria de construcción nas proximidades dos leitos dos regos afectados. Durante a fase de explotación farase fincapé na nece

sidade de non realizar vertidos non autorizados e manter libre de obstáculos a sección de desaugamento dos cauces fluviais.

A calidade das augas manterase en niveis óptimos, de tal xeito que trala construcción do parque eólico, a súa calidade e clasificación sexa a mesma que antes do inicio das obras.

As obras non poderán afectar á calidade nin ó volume das augas que teñan por finalidade o abastecemento público dos núcleos e das zonas de afección das construccións. Os servicios de abastecemento terán prioridade fronte a calquera outro, segundo as prescricións establecidas na proposta do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa.

Un condicionante básico que se debe entender desta área, sería que a futura autorización reflectise que a instalación se axustará ó cumprimento da proposta do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa e ás súas directrices, en todos aqueles aspectos que lle sexan de afección.

Segundo se desprende do estudio ambiental, con motivo da realización dalgún acceso ou vía con gabia do cableado prodúcese algún cruzamento cun curso fluvial, polo que serán necesarias medidas de protección e corrección dos seus efectos, sendo en todo caso preceptiva a autorización do organismo Augas de Galicia, segundo o establece o Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico e a Lei de augas, no texto refundido aprobado polo Real decreto 1/2001, do 20 de xullo. Igualmente, se por motivo da instalación do centro de control fose necesario realizar captación de auga ou se se producisen vertidos de augas residuais, será tamén preceptiva a correspondente autorización do organismo Augas de Galicia.

En definitiva, esta área considera que a instalación do citado parque eólico non produce alteracións importantes en relación coa planificación hidrolóxica da zona, sempre e cando se cumpran as medidas preventivas e correctoras, durante a fase de construcción e o período de explotación, especificadas no presente informe.

Non obstante, faise indispensable unha correcta execución do parque, de tal xeito que a incidencia sobre a rede hidrolóxica da zona sexa mínima, evitando sobre todo o vertido accidental de substancias contaminantes ou as interrupcións de abastecemento, sendo necesario, neste caso, e atendendo de xeito específico ós cruzamentos de regatos ou cursos fluviais por parte da conducción eléctrica, a autorización preceptiva segundo a lexislación vixente de augas.

ANEXO III

Resumo das alegacións

Manuel Alcalde Abalo, e outros propietarios de predios na zona alegan cuestións relativas á propiedade e clasificacións dos terreos. No referente

ó estudio ambiental, indican que non é completo de acordo cos contidos do Decreto 442/1990, e que se orienta tan só a cubri-lo trámite.

José Orosa Rego e outros, propietarios de terreos na zona, alegan cuestións relativas á utilidade pública do proxecto e carencias no estudio ambiental conforme o Decreto 442/1990.

Manuel Barro Gómez e outros presentan escrito de alegacións co mesmo contido có anterior.

Rafael Corral Bellas, en representación do grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas, considera que o plan sectorial eólico de Galicia ten grandes deficiencias en materia de protección ambiental, e que o presente parque constitúe un exemplo máis, situándose ademais no espacio natural Serra do Xistral. Apunta cuestións relativas ó estudio ambiental, sinalando carencias e indefinicións en temas de rede hidrolóxica, medidas correctoras, medio biótico, plan de desmantelamento, patrimonio cultural, interferencias electromagnéticas e iluminación nocturna.

Daniel López Vispo, en representación de ADEGA-Lugo, presenta escrito de alegacións coincidente co anterior.

Manuel Pico Meizoso, en representación da sociedade de cazadores de Chao de Lousada, alega que a instalación do parque eólico leva aparellada a imposibilidade de exerce-la caza, polo que considera que deben ser expropiados os terreos e debidamente indemnizados.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL