Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTA COMBA

ANUNCIO de aprobación definitiva proxecto de urbanización.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do día 13 de febreiro de 2003, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do Plan parcial industrial promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo de Galicia, para o desenvolvemento do sector 1 do solo urbanizable do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal, redactado polo arquitecto Jacobo Rodríguez-Losada Allende.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no BOP, conforme o artigo 46.1º da Lei de xurisdicción contencioso-administrativa. Poderá, non obstante, interpoñerse con caracter previo e potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou desta Administración conforme a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (artigos 116 e 117), no prazo dun mes, contado, así mesmo, desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no BOP.

Santa Comba, 14 de febreiro de 2003.

José Toja Parajó

Alcalde