1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Concello de Ribeira.
Dependencia tramitadora: Oficina Municipal de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
Denominación do proxecto: urbanización do contorno da gardería infantil.
Prazo de execución: cinco (5) meses.
Plan: Provincial de Obras e Servicios de 2003.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Forma: concurso.
Procedemento: aberto.
Tramitación: urxente.
4. Orzamento.
Prezo base de licitación: 187.307,15 euros (IVE incluído).
5. Garantías.
Provisional: 3.746,14 euros.
Definitiva: o 4% do prezo de adxudicación do contrato.
6. Obtención de documentación e información.
Entidade: Concello de Ribeira.
Domicilio: praza do Concello, nº 1. Ribeira (A Coruña). C.P. 15960.
Teléfono: 981 83 54 17, extensión 214.
Data límite: ata o día de finalización do prazo para presenta-las ofertas.
7. Requisitos do contratista.
Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c).
8. Presentación de ofertas.
Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, das 9 ás 13.30 horas. No caso de que coincida en sábado o día de finalización do prazo, este quedará prorrogado automaticamente para o seguinte día hábil.
Lugar: rexistro xeral do Concello de Ribeira.
Modelo de proposición: véxase o anexo II do prego de condicións.
Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.
9. Apertura das ofertas.
Lugar: Casa do Concello de Ribeira.
Data e hora: o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12 horas. No caso de que coincida en sábado, terá lugar o seguinte día hábil.
10. Gastos.
Os derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.
Ribeira, 21 de febreiro de 2003.
José Luis Torres Colomer
Alcalde