Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPG-12/02).

A Comisión de Goberno Municipal do Concello, en sesión que tivo lugar o 7 de febreiro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Admitir a trámite con carácter de aprobación inicial a solicitude da xunta de compensación do sector 7-recinto feiral de modificación do Plan parcial de ordenación do sector.

Segundo.-Somete-lo documento a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior circulación da provincia; neste último caso, a publicación efectuarase en dous días consecutivos.

Terceiro.-Notificárlle-lo acordo de aprobación inicial a tódolos propietarios dos terreos afectados, para estes efectos, será preceptiva a notificación ós titulares que figuren no Rexistro da Propiedade e na Xerencia Territorial do Catastro, debendo incorpo

rarse a listaxe completa de propietarios ó documento de modificación.

Cuarto.-Solicita-los informes técnicos e xurídicos municipais preceptivos respecto á conformidade da modificación proposta coa lexislación vixente, a calidade técnica da ordenación proxectada e a existencia, ou non, de razóns de interese público que xustifiquen a modificación proposta.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, sen número, en horario laboral das 12 ás 13.30 horas, de luns a venres.

Os gastos da publicación serán por conta do promotor do proxecto.

A Coruña, 13 de febreiro de 2003.

P.D.

José F. Nogueira Fernández

Concelleiro delegado de Urbanismo