Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.549

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por Decreto da alcaldía, do 17-2-2003, aprobouse o prego tipo de cláusulas administrativas particulares que deberá rexer para a contratación, mediante concurso con procedemento aberto urxente, da obra de beirarrúas en Barís-parroquia de Rus, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio

no DOG, no BOP ou prensa para que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aprazará, canto resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Prazo da obra: catro (4) meses.

Importe licitación: 87.154,74 A.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello, ás 13.30 horas do sexto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas. No caso de resultar sábado, entenderase prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación, das 9 ás 14 horas e sábados das 9 ás 13 horas, dentro do prazo de trece (13) días contados desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio de concurso no DOG ou BOP.

Documentación: presentarase en dous sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 18 de febreiro de 2003.

José Mª Vázquez Barca

Alcalde accidental