Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal deste concello, en sesión do 30 de decembro de 2002, adoptou o acordo de aprobar inicialmente o expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Bergondo sobre solos cualificados como solo urbano (zona de equipamento) e solos cualificados como non urbanizables situados no seu contorno, no lugar de Fiobre, parroquia de Moruxo, segundo a documentación presentada polo arquitecto José Miguel Vázquez García, consistentes en: a) recualificación de parte dos solos cualificados polas NN.SS. como solo non urbanizable común e non urbanizable de protección de costa, que están en contacto coa parcela de equipamento; outorgándolles cuali

ficación de solo urbano (sistema xeral de equipamentos comunitarios e sistema xeral de infraestructuras e servicios básicos, segundo corresponda). b) Preve-la execución dun viario de sistema xeral de conexión entre a vía que serve de acceso na actualidade á parcela que albergará o sistema xeral de equipamento (C.R.M.F.) e a estrada autonómica «Enlace N-VI con N-651».

Durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio, calquera interesado poderá examina-lo expediente no concello: Servicio de Urbanismo, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Bergondo, 3 de febreiro de 2003.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente