Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O alcalde-presidente deste concello, por Resolución nº 74/2003, do 28 de decembro de 2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle para a fixación de aliñacións e rasantes e ordenación de volumes, na parcela sita no lugar de Sobre a Igrexa, parroquia de Guísamo, neste concello, redactado polo arquitecto José Miguel Vázquez García, e promovido por Roberto Pérez Manuel, en representación de Antonio Pérez Barrio, S.L.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que, á vista do expediente, poidan formularse as alegacións que se consideren oportunas, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio.

Bergondo, 3 de febreiro de 2003.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente