Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador AG-SA-91/2002-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, á persoa que no anexo se menciona, a resolución dictada no expediente con data do 20-1-2003, por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto de 4-2-1955, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos no artigo 21 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, de conformidade co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 27 de xaneiro de 2003.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-91/2002-PO.

Denunciado: José Pérez Guerra.

Último enderezo coñecido: r/ Camino Caneiro nº 16-1º Ourense.

Feito denunciado: guía de orixe caducada con orixe incerto.

Preceptos infrinxidos: incumprimento dos artigos 32.64º e 212 do Decreto do 4 de febreiro de 1955.

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: 220 euros.