Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 2 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude da concesión de explotación Terra Forte.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que Ramiro Fernández Varela, con domicilio en Ansoar 9, 27500 Chantada, presentou nesta delegación provincial o día 15 de setembro de 1999 instancia-solicitude da concesión de explotación Terra Forte de 15 cuadrículas mineiras para recursos de arxila, que se sitúa no concello de Monforte de Lemos da provincia de Lugo, á que lle correspondeu o número 5895 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticesLonxitudeLatitude

1-7º 30' 00''42º 33' 20''

2-7º 30' 00''43º 34' 00''

3-7º 30' 40''42º 34' 00''

4-7º 30' 40''42º 33' 40''

5-7º 32' 00''42º 33' 40''

6-7º 32' 00''42º 33' 00''

7-7º 31' 40''42º 33' 00''

8-7º 31' 40''43º 32' 40''

9-7º 31' 00''42º 32' 40''

10-7º 31' 00''42º 33' 00''

11-7º 30' 20''42º 33' 00''

12-7º 30' 20''42º 33' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 2 de xaneiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo