Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2002 pola que se aproba a ampliación do Plan Eólico Estratéxico presentado pola empresa Fergo Galicia Vento, S.L. denominado P.E.E. Fergo Galicia.

Examinado o expediente instruído por instancias de Fergo Galicia Vento, S.L. con enderezo para efectos de notificacións en r/ Cantón Grande, 6-1º, 15003 A Coruña, sobre aprobación da modificación do P.E.E. Fergo Galicia; esta consellería ten en conta os seguintes.

Antecedentes de feitos.

Primeiro.-Con data 5 de decembro de 2001, Emilio Fernández Gómez, en nome e representación de Fergo Galicia Vento, S.L., solicitou a aprobación da ampliación do Plan Eólico Estratéxico denominado P.E.E. Fergo Galicia, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, todo iso en virtude do disposto na disposición transitoria segunda da Orde do 31 de xaneiro de 2002.

Segundo-A petición de aprobación de ampliación do plan eólico estratéxico someteuse a información pública por Resolución do 4 de febreiro de 2002, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. A devandita resolución foi publicada no Boletín Oficial del Estado do 12 de marzo de 2002, e no Diario Oficial de Galicia do 22 de marzo do mesmo ano.

As características principais da ampliación do P.E.E. Fergo Galicia que foron sometidas a información pública son:

Nº ÁreaNomeProvinciaConcellosXY

1FonsagradaLugoA Pontenova,

Ribeira de Piquín,

A Fonsagrada.

1

2

3

4

5

6

7

0.649.292

0.654.858

0.662.390

0.662.662

0.668.620

0.668.800

0.649.292

4.799.177

4.799.177

4.798.820

4.787.810

4.787.560

4.780.666

4.780.666

Nº ÁreaNomeProvinciaConcellosXY

2CadeiraLugoLourenzá,

Trabada,

Mondoñedo,

Riotorto,

A Pontenova.

1

2

3

4

5

6

7

0.645.182

0.648.070

0.648.250

0.646.012

0.640.700

0.639.730

0.641.750

4.813.500

4.809.838

4.801.430

4.800.690

4.800.610

4.805.656

4.813.677

3MontoutoA Coruña-LugoGuitiriz (Lu),

Aranga (Co),

Curtis (Co),

Coirós (Co),

Oza dos Ríos (Co).

1

2

3

4

5

6

0.585.000

0.590.000

0.589.930

0.585.000

0.573.257

0.570.517

4.790.000

4.790.000

4.780.000

4.780.000

4.777.860

4.786.420

4LousideLugoBarreiros,

Ribadeo,

Trabada.

1

2

3

4

0.643.070

0.655.630

0.655.630

0.643.200

4.819.800

4.819.800

4.813.250

4.813.900

5PozoLugoRibeira de Piquín,

Pol,

Baleira,

A Fonsagrada,

Navia de Suarna,

Baralla.

1

2

3

4

5

6

7

8

0.645.000

0.649.292

0.649.200

0.658.350

0.658.400

0.649.200

0.646.400

0.639.600

4.780.500

4.780.666

4.767.800

4.767.400

4.764.800

4.762.600

4.755.760

4.774.200

6MonciroLugoCastroverde,

Pol,

Baralla,

O Corgo,

Castro de Rei.

1

2

3

4

5

0.628.930

0.635.800

0.642.600

0.636.500

0.624.000

4.775.800

4.772.800

4.751.400

4.751.400

4.767.910

7FisterraA CoruñaFisterra,

Cee,

Corcubión.

1

2

3

4

5

6

7

0.484.816

0.484.816

0.482.781

0.482.294

0.478.160

0.475.060

0.475.500

4.759.750

4.750.928

4.750.928

4.751.270

4.746.630

4.746.870

4.762.500

8XestosoA CoruñaMonfero,

Irixoa,

Aranga

1

2

3

4

5

0.578.170

0.583.698

0.584.871

0.585.000

0.579.353

4.801.471

4.801.471

4.800.376

4.789.850

4.790.000

9PerrolA CoruñaCabana,

Coristanco.

1

2

3

4

5

6

7

0.514.300

0.521.910

0.521.910

0.518.000

0.512.500

0.509.000

0.509.000

4.786.000

4.784.220

4.774.000

4.778.000

4.778.000

4.779.500

4.786.000

10BoceloA CoruñaBoimorto,

Sobrado,

Toques,

Melide.

1

2

3

4

0.571.400

0.582.200

0.582.400

0.571.500

4.765.300

4.765.100

4.756.800

4.757.100

11XiabrePontevedraCaldas de Reis,

Catoira,

Vilagarcía de Arousa.

1

2

3

4

0.521.000

0.527.580

0.527.000

0.521.000

4.721.590

4.722.000

4.717.350

4.717.270

12FrouceiraLugoAlfoz,

Mondoñedo,

Lourenzá,

Barreiros,

Foz.

1

2

3

4

5

6

7

0.641.300

0.638.332

0.635.592

0.632.623

0.632.623

0.632.620

0.641.300

4.822.624

4.824.180

4.824.629

4.824.629

4.821.389

4.817.688

4.817.688

13SalgueirónPontevedraSoutomaior,

Redondela, Mos,

Pazos de Borbén,

Ponteareas.

1

2

3

4

0.533.212

0.539.930

0.540.000

0.532.560

4.688.970

4.688.970

4.677.710

4.677.710

Durante o prazo de información pública presentouse a seguinte solicitude en competencia formulada por:

Totalfina Eólica, S.A.

Ankaria Consulting, S.L.

Así como as seguintes alegacións:

Norvento, S.L., que alega solapamento de áreas.

EGA-Asociación Eólica de Galicia, que alega ausencia de requisitos mínimos na publicación segundo o artigo 60.2º, artigo 58.2º e o artigo 86 da LRX-PAC, incoherencia na planificación enerxética e solapamento con áreas solicitadas.

Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., que alega ausencia de requisitos mínimos na publicación segundo o artigo 86.2º da LRJ-PAC e artigo 5 do D205/95 polo que se regula o aproveitamento eólico na Comunidade Autónoma de Galicia, incoherencia na planificación enerxética e solapamento de áreas.

Eurovento, S.L., que alega posible solapamento de áreas e incoherencia na planificación enerxética.

Turbinas Eólicas Magdalena, S.A., que alega solapamento de áreas.

Construcciones Slates, S.A., que alega solapamento de áreas con explotación mineira.

Sinae Energía y Medioambiente, S.A., que alega solapamento de áreas.

Esdras Automática, S.L., que alega solapamento de áreas.

Neg Micon, S.A.U., que alega solapamento de áreas.

Eólicos de Touriñán, S.A., que alega solapamento de áreas.

Terceiro.-Os servicios técnicos da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas emitiron informe avaliando a viabilidade do plan nas diferentes áreas de estudio solicitadas, co fin de resolve-los diferentes plans estratéxicos en competencia, seguindo os seguintes criterios de avaliación:

-Viabilidade do plan tecnolóxico industrial e previsións de desenvolvemento.

-Investimentos previstos e tempo de execución del.

-Capacidade técnica e financeira do promotor

-Achegas e efectos industriais, socioeconómicos, tecnolóxicos e ambientais do plan

-Desenvolvementos vinculados a terreos e concellos afectados

Fundamentos de dereito.

Primeiro.- A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para resolver este

expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo cal se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, así como o disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo cal se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-Ante o gran número de solicitudes presentadas, e en tramitación paralela, de aprobación do Plan Eólico Estratéxico, os criterios seguidos de forma xeral para a adxudicación ou non das áreas asignadas foron os expostos no fundamento de feito terceiro, téndose en conta a limitación existente desde o punto de vista de infraestructuras en canto á Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica, o que supón que soamente se poidan satisfacer aquelas solicitudes que cumpran de forma máis completa os criterios de adxudicación formulados.

Tercero.-Con respecto ás alegacións referidas ós posibles solapamentos das áreas publicadas con outras pertencentes a plans eólicos xa aprobados, débese sinalar que en modo ningún se vulnerarán na aprobación de calquera novo plan os dereitos adquiridos polos titulares dun plan anterior no tempo, polo que en todo caso a área solicitada ou non se lle concedería ou se adecuaría nas súas coordenadas para que ese solapamento desaparecese.

Cuarto.-No referido ó solapamento con zonas susceptibles de ser explotadas por medio de explotacións mineiras débese sinalar que a dita probabilidade non ten por qué necesariamente facer incompatibles os dous tipos de proxectos, circunstancia que, en todo caso, se resolvería no momento en que existise esa colisión, xa que non pode ser decidido de forma apriorística.

Quinto.-No referido ás alegacións realizadas discutindo a ausencia de requisitos mínimos na publicación do plan débese indicar que a publicación reúne os requisitos esixidos no artigo 5 do Decreto 205/1995 de aplicación a este procedemento, resultando por outro lado chocante que as ditas alegacións veñan expostas pola Asociación Eólica de Galicia e polas empresas con plan eólico en vigor, cando para a aprobación dos plans das empresas adscritas a esa asociación e dos das empresas alegantes seguiuse o mesmo procedemento e cos mesmos condicionantes que agora intentan refutar.

Sexto.-Non existe por outro lado incoherencia ningunha coa planificación enerxética. A Xunta de Galicia ten como horizonte acada-los 4.000 MW eólicos

no ano 2010; para chegar a esta meta considérase que o instrumento principal, como vén sendo ata agora, son os plans eólicos empresariais (denominados estratéxicos na anterior nomenclatura do Decreto 205/1995), e é a través dos mesmos e dunha planificación periódica anual, respectando sempre os compromisos adquiridos, como se intenta chegar ós fitos antes expostos.

Sétimo.- Á vista dos plans presentados en competencia, o informe técnico realizado e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que se deben excluír certas áreas solicitadas, debido á adxudicación de determinadas zonas a outros promotores seguindo criterios de planificación enerxética e desenvolvemento das infraestructuras enerxéticas ou debido á súa inviabilidade. Por outro lado a determinación espacial das áreas aprobadas debe ter en conta o disposto na modificación do Plan Sectorial Eólico de Galicia, en tramitación nestes momentos, polo que se deben adapta-las coordenadas das distintas áreas ó reflectido no mesmo, tamén se toma en consideración para a autorización do plan a incidencia que ten o plan industrial da devandita empresa que se detalla no anexo II, na estructura socioeconómica da Comunidade Autonómica de Galicia, sendo esta circunstancia un dos motivos prioritarios para a autorización recollidos no artigo 7 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Oitavo.- Do exposto extráese como consecuencia que a modificación do plan solicitada non pode ser concedida na extensión requirida pola peticionaria, e en consecuencia, que se debe conceder á empresa Fergo Galicia Vento, S.L. autorización para realiza-las investigacións nas áreas relacionadas no anexo I.

Desta forma, o Plan Eólico Estratéxico amplíase a 1 área, cunha potencia autorizada de 60 MW.

Noveno.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

-Aproba-la ampliación do plan eólico estratéxico P.E.E. Fergo Galicia referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, coa previsión de potencia de 60 MW.

A presente resolución implica outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas citadas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo. Nembargantes, o desenvolvemento dos parques eólicos derivados

destas áreas compatibilizaranse coa posible inclusión de parques eólicos singulares nelas.

A aprobación da ampliación do plan eólico estratéxico vincula a Administración e Fergo Galicia Vento, S.L. sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exerce-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do devandito Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación da ampliación do plan eólico estratéxico outórgase conforme as seguintes condicións:

Primeira.-Fergo Galicia Vento, S.L. iniciará a execución do plan industrial no prazo de seis meses a partir da aprobación deste plan estratéxico, debendo executa-la dita formulación nas condicións sinaladas no anexo II da presente resolución, salvo imposibilidades técnicas ou causa de forza maior debidamente xustificada.

En calquera momento poderá a Administración solicita-la documentación que estime pertinente co obxecto de verifica-lo cumprimento do establecido neste punto.

Segunda.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para o montaxe das instalacións será causa de resolución da presente aprobación.

Nembargantes, se por alteración substancial das circunstancias ou por causas sobrevidas, non fose axeitado o mantemento dalgunha ou dalgunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico.

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Terceira.-Fergo Galicia Vento, S.L. deberá presentar un informe trimestral á Consellería de Industria e Comercio que conterá os seguintes puntos:

-Datos eólicos obtidos nas áreas de investigación.

-Investimentos realizados e previstos.

-Operacións realizadas con empresas galegas.

-Emprego creado.

-Participación de entidades galegas.

Fergo Galicia Vento, S.L. así mesmo deberá remiti-los datos que se esixan na orde que desenvolve o sistema informático de captación e procesamento dos datos enerxéticos de Galicia (Sicabde), nos parámetros e forma en que veña determinado.

Cuarta.-A empresa Fergo Galicia Vento, S.L., participará na execución do plan industrial que teñan aprobados os tecnólogos seleccionados. En todo caso, a porcentaxe de compoñentes fabricados en Galicia será o comprometido polos tecnólogos. A selección dos tecnólogos deberá contar coa autorización da Dirección Xeral de Industria.

Quinta.-A empresa Fergo Galicia Vento, S.L. poderá transferir en calquer momento os dereitos dimanantes da presente aprobación logo de autorización da Dirección Xeral de Industria, subrogándose o novo titular en tódalas obrigacións e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Sexta.-A ampliación do plan eólico apróbase sen prexuízo de terceiros, mantendo a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso

potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ó abeiro do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen procedente.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2003.

P.D. (Orde 20-12-2001, DOG nº 250,

do 28 de decembro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería

de Industria e Comercio

ANEXO I

Relación de áreas do P.E. Estratéxico

Nº ÁreaNomeProvinciaConcellosXY

1Coto de FradesLugoA Fonsagrada1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

656.000,00

656.000,00

656.300.00

657.200,00

658.200,00

658.900,00

659.200,00

659.100,00

656.600,00

658.000,00

660.000,00

660.000,00

659.700,00

658.748,00

658.450,00

657.350,00

657.000,00

656.550,00

4.792.800,00

4.788.000,00

4.787.100,00

4.787.900,00

4.788.200,00

4.788.200,00

4.787.900,00

4.787.200,00

4.786.500,00

4.782.000,00

4.782.000,00

4.787.500,00

4.788.200,00

4.788.565,00

4.788.800,00

4.790.000,00

4.791.000,00

4.792.800,00

2MondoñedoLugoAbadín

Alfoz

Mondoñedo

Ourol

O Valadouro

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

628.000,00

631.600,00

631.600,00

628.400,00

631.000,00

630.050,00

631.510,00

631.510,00

623.300,00

623.300,00

619.500,00

616.800,00

623.850,00

626.000,00

623.900,00

626.000,00

626.000,00

626.400,00

626.400,00

4.809.000,00

4.811.720,00

4.813.250,00

4.815.300,00

4.815.300,00

4.816.900,00

4.817.900,00

4.818.300,00

4.820.900,00

4.824.100,00

4.825.000,00

4.824.920,00

4.819.200,00

4.813.100,00

4.813.100,00

4.810.750,00

4.808.500,00

4.808.800,00

4.809.000,00

Actualización de coordenadas

Potencia eólica estimada da áreas que se van estudiar: 60 MW

ANEXO II

Documento de síntese

-Plan eólico estratéxico.

A ampliación do plan eólico estratéxico terá unha duración ata o ano 2010 e suporá un investimento global estimado de 33.906.666 euros.

-Plan de investigación eólica.

A empresa Fergo Galicia Vento, S.L. realizará a investigación de 1 área facendo un investimento total de 12.020 euros, acadando un investimento medio de 12.020 euros/área.

Co obxecto de coordina-los resultados da investigación co resto de plans eólicos estratéxicos aprobados, a empresa Fergo Galicia Vento, S.L. usará como entidade colaboradora para a investigación o Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

-Plan industrial.

A empresa Fergo Galicia Vento, S.L. pretende a creación dunha división de enerxía solar implicada na formación, divulgación e investigación, así como a posibilidade de constituír unha empresa instaladora de sistemas de enerxía solar, ou subsidiariamente:

A empresa Fergo Galicia Vento, S.L. colaborará na implantación e desenvolvemento do Plan de fomento da enerxía solar para executar pola Consellería de Industria e Comercio a través do Inega.

As súas achegas realizaranse da seguinte forma:

3.000 euros/MW autorizado nesta resolución, achegaranse ó Plan antes da finalización de 2003.

Anualmente achegaranse unha cantidade equivalente ó 0,5% da facturación dos parques eólicos que se poñan en funcionamento en desenvolvemento do plan.

Estas actuacións poderán ser substituídas por outras equivalentes relacionadas coa fabricación de paneis soares que realizará o promotor en instalacións radicadas na Comunidade Autónoma galega.