Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 27 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador E.S. 22/2002 seguido a Manuel Rodríguez Baelo (DNI 10030974-F).

Notifícaselle ó denunciado cos datos e último enderezo coñecido que se sinala no anexo, a notificación da resolución sancionadora dictada polo delegado provincial de Innovación, de Industria e Comercio da Coruña, recaída no expediente que se cita no anexo.

O interesado dispón do prazo dun mes, contado do día seguinte ó da publicación deste acordo para interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Innovación, de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, podendo examinar dentro deste prazo o expediente instruído na Delegación Provincial de Innovación, de Industria e Comercio da Coruña, edificio administrativo Monelos, 1º andar (reclamacións), segundo o disposto no artigo 84.2º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 27 de novembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: E.S. 22/2002.

Denunciado: Manuel Rodríguez Baelo, r/ Bucaragyam 10-12, 1º D, Ferrol.

Feito denunciado: posuír depósitos para combustible sen a debida autorización administrativa.

Precepto infrinxido: Lei de industria 21/1992, do 16 de xullo, artigo 31.3º.

Precepto sancionador: Lei 7/1998 do sector de hidrocarburos, artigo 111.

Sanción: 250 A.