Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.517

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de outubro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro), pola que se fixa a data, a hora e o lugar da realización do primeiro exercicio do devandito proceso.

Convocado proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia

(grupo A), mediante a orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de outubro de 2002 (DOG nº 199, do 15 de outubro), de conformidade coa base IV.10 da convocatoria, correspóndelle ó tribunal fixa-los lugares, a data e a hora da realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

O tribunal, en sesión que tivo lugar o día 27 de xaneiro de 2003, acordou:

1. Realiza-lo primeiro exercicio da fase de oposición o día 8 de marzo de 2003, sábado, ás 11 horas, nas aulas Nova, 1, 2, 3 e 9 da facultade de dereito da Universidade de Santiago de Compostela, sita no Campus Sur, s/n, nesta cidade.

2. Tódolos aspirantes deberán comparecer no lugar indicado ás 10.15 horas, provistos de DNI ou doutro documento que acredite fidedignamente a identidade, lapis do nº 2 e goma de borrar, de conformidade co establecido na base II.2 da convocatoria.

3. As listas dos opositores admitidos para a realización deste primeiro exercicio estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública en San Caetano, Santiago de Compostela, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia en Ferrol, Vilalba, O Barco de Valdeorras, Lalín e Vigo.

4. Para efectos de aclaración dalgún punto dos incluídos nesta resolución, así como de información en xeral, poderase acudir ó teléfono de atención ó cidadán 902 12 00 12 e á páxina web da Xunta de Galicia: http://www.xunta.es.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2003.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal