Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.517

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2003, do tribunal designado para xulga-las probas de ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados, pola que se convocan os aspirantes para a realización do primeiro exercicio.

Convocadas as probas selectivas para o acceso ó corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados, pola Orde do 11 de novembro de 2002, e constituído o tribunal designado pola Orde do 7 de febreiro de 2003, de conformidade co disposto na base II.3.1ª da convocatoria, este tribunal

DISPÓN:

Anunciar que o primeiro exercicio da oposición terá lugar a partir do día 12 de marzo ás 17 horas na aula 14 da Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, s/n, en Santiago de Compostela.

Convocar, así mesmo, para a súa realización en primeiro lugar o aspirante admitido para a quenda de promoción interna que a continuación se indica:

-Rey-Stolle Valcarce, Antonio Isidoro, DNI núm.

34968056-Y.

Convocar tamén os seguintes aspirantes admitidos para a quenda de acceso libre, segundo o disposto na citada base da convocatoria:

-Sánchez Pavon, Bernardo, DNI 32790047-M;

-Sánchez Presedo, Luis Jesús, DNI 32787387-J e

-Toral Pazos, Santiago Nicolás, DNI 32763220-L.

Os aspirantes deberán ir provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

Diariamente serán convocados, no taboleiro de anuncios da EGAP, os aspirantes que deberán concorre-los días seguintes.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2003.

Javier Suárez García

Presidente do tribunal