Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.516

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2003, do tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos forestais, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 6 de febreiro de 2003, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B) escala de enxeñeiros técnicos forestais, convocado pola Orden do 8 de outubro 2001, acordou, de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, que o exercicio segundo da fase de oposición se realizará o día 8 de marzo de 2003, ás 16 horas, na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, Aula Nova, sita en Santiago de Compostela, Campus sur s/n, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 16 h 30' e os opositores deberán estar alí presentes ás 16 horas.

De conformidade coa base II.2.3, os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ó xuízo do tribunal.

Santiago de Compostela, 6 de febrero de 2003.

Alfonso García Magariños

Secretario do tribunal