Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.475

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2003 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de febreiro de 2003, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Coa finalidade de desenvolver axeitadamente as funcións que a Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, encomenda á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, así como de reflecti-los cambios operados como consecuencia da aprobación do Decreto 134/2002, do 4 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da referida consellería, e finalmente dar cumprimento ás sentencias dictadas polo Xulgado do Social de Ourense en datas 28 de xaneiro, 3 e 25 de xuño de 2002, faise necesario modifica-la actual relación de postos

de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

En consecuencia, por proposta da consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do trece de febreiro de dous mil tres adoptou o seguinte,

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nos termos que se sinalan no anexo deste acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do trece de febreiro de dous mil tres, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

Observacións:

(1)Ocupado por persoal laboral fixo.

(2)Sen dotar orzamentariamente.

(3)Ocupado por funcionario non pertencente á escala.

(4)Ocupado por persoal laboral fixo para extinguir.

(5)Ocupado por persoal laboral fixo//4 horas semanais//Decreto 46/1999, do 11 de febreiro//retribucións proporcionais á xornada.

(6)Dispoñibilidade horaria.

(7)Dispoñibilidade horaria//xornada especial.

Código-descrición das titulacións académicas:

2001Arquitectura superior.

2004Enxeñeiro de camiños, canles e portos.

2019Enxeñería superior.

2022Licenciado en ciencias económicas.

2062Licenciado en dereito.

2813Lcdo. dereito/econ./empresar.

2998Titulado superior.

3001Arquitectura técnica.

3007Enxeñeiro técnico obras públicas.

4020FP2-delineación.

Código-descrición das formacións específicas:

001Mecanografía.

058Coñec. urbanismo.

061Exper. transportes terrestres.

063Exper. inspección.

523Diploma de directivo.

640Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (r.i.).

641Para persoal doutra Administración, curso de iniciación de galego (r.i.).

954Permiso conducir B (req. indispensable).

Código-descrición doutras administracións:

A11Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

AXGAdscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.