Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.475

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 18 de febreiro de 2003 pola que se dispón o cesamento de vocal en representación do Concello de Ferrol no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de San Cibrao-Ferrol e a súa ría.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo do 6 de xuño de 2002, faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para este cesamento.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación dos vocais do consello de administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades ou organismos representados no consello de administración, polo que, vista a proposta de modificación realizada ó abeiro do disposto no artigo 40, número 2º, da Lei 27/1992, polo acordo do Pleno do Concello de Ferrol como Administración representada, e en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O cesamento de Amable Dopico Freire como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de San Cibrao-Ferrol e a súa ría, en representación do Concello de Ferrol, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2003.

Alberto Núñez Feijoo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA