Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 30 de xaneiro de 2003 pola que se recoñece unha escola de navegación de lecer.

A Orde do 31 de xullo de 1998 desta consellería (DOG nº 164, do 25 de agosto), establece o mecanismo para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer.

Sendo solicitado o dito recoñecemento por un centro, logo de cumprimentado o procedemento establecido, procede recoñecer este e realiza-la súa inscrición.

Polo exposto,

RESOLVE:

Artigo 1º.-Recoñecer como escola de navegación de lecer na categoría que corresponda o seguinte centro:

Escola básica de navegación de lecer (ENAL Básica).

-A.F.R & YUPI, co CIF E-36261238, con enderezo social na rúa Alcalde Rey Daviña 10-2º esquda., de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), e coa mesma denominación comercial, inscrita co nº XGEN019.

Artigo 2º.-Inscribi-la citada escola no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2003.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos