Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación denominado Os Picos número 2998, nos concellos de Mondariz, Fornelos de Montes e Pazos de Borbén, da provincia de Pontevedra, por parte de Manuel Fandiño Martínez.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio de Pontevedra fai saber que Manuel Fandiño Martínez, con domicilio

social no lugar de Parderrubias-A Revolta, nº 11 A, Salceda de Caselas, Pontevedra, presentou nesta delegación provincial, o día 28 de novembro de 2002, instancia-solicitude do permiso de investigación denominado Os Picos, sobre unha superficie de catorce cuadrículas mineiras para a investigación de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Mondariz, Fornelos de Montes e Pazos de Borbén, da provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 2998.

A designación do terreo, en coordenadas xeográficas, é a seguinte:

VérticesLonxitudeLatitude

Pp-V1-8º 29' 00''42º 18' 00''

V2-8º 28' 00''42º 18' 00''

V3-8º 28' 00''42º 17' 20''

V4-8º 27' 20''42º 17' 20''

V5-8º 27' 20''42º 16' 40''

V6-8º 28' 40''42º 16' 40''

V7-8º 28' 40''42º 17' 20''

V8-8º 29' 00''42º 17' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente a trámite, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación, no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 18 de febreiro de 2003.

P.D.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra