Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2003 pola que se fan públicas as adxudicacións de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo orde do 21 de novembro de 2002, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

-Contrato de proxecto e obra da área de estacionamento de autobuses de Culleredo (A Coruña).

Anuncio de licitación DOG nº 168, do 2 de setembro de 2002.

Adxudicatario: Industrias del Deza, S.L.(INDEZA).

Proposta de adxudicación: 290.650,02 euros.

Prazo de adxudicación: 16 semanas.

-Contrato de proxecto e obra da terminal marítima de Cangas (Pontevedra).

Anuncio de licitación DOG nº 189, do 1 de outubro de 2002.

Adxudicatario: Extraco, construcciones e proxectos. (EXTRACO, S.A.).

Proposta de adxudicación: 701.444 euros.

Prazo de adxudicación: 10 semanas.

-Contrato de proxecto e obra da terminal marítima de Moaña (Pontevedra).

Anuncio de licitación DOG nº 187, do 27 de setembro de 2002.

Adxudicatario: UTE Ain, empresa de servicios para a construcción, S.L. e Construcciones López Cao, S.L.

Proposta de adxudicación: 498.803,45 euros.

Prazo de adxudicación: 10 semanas.

-Contrato de obras de mantemento da cuberta metálica da estación de autobuses de Vigo (Pontevedra).

Anuncio de licitación DOG nº 201, do 17 de outubro de 2002.

Adxudicatario: Construcciones Mon, S.L.

Proposta de adxudicación: 97.337,57 euros.

Prazo de adxudicación: mes e medio.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados de igual xeito. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición, de se ter interposto este.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2003.

P.D. ( Orde do 21-11-2002)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda