O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio do presente anuncio, comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. Nos devanditos expedientes practicouse dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que non lles puido ser notificada ós interesados malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.
Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.
De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, emprazarase os interesados, ou os seus representantes, para seren notificados por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes 17-1º A) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 20 de xaneiro de 2003.
Nazario Villalva Montero
Recadador de zona da Coruña
ANEXO
Interesado NIF Data dilixencia Descrición do ben
Lorenzo Vidal, Eduardo 76510392H 7-1-2003 Embargo de retribucións na empresa Ministerio de Facenda-Deleg. A Coruña.
Zas Iglesias, Gerardo 32327572Z 16-12-2002 Predio 11679; Rex. Prop. Carballo
Zas Iglesias, Gerardo 32327572Z 16-12-2002 Predio 11563; Rex. Prop. Carballo
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS
E VIVENDA