Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.444

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2003 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 01/074 de catedrático de escola universitaria convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo consello de universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverán o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade nº 01/074 convocada por Resolución do 24 de outubro de 2001 (BOE do 19 de novembro), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contado desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: dereito administrativo.

Praza nº 01/074.

Comisión titular:

Presidente: Meilán Gil, José Luis, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Barranco Vela Rafael, catedrático de escola universitaria. Universidade de Granada.

Vocais:

García Macho, Ricardo Jesús, catedrático de universidade. Universitat Jaume I-Castellón.

Muñoz Blanco, Rosa Elena, catedrática de escola universitaria. Universidade de Estremadura.

Cabezas Hernández María Teresa, catedrática de escola universitaria. Universidade de Estremadura.

Comisión suplente:

Presidente: Rodríguez-Arana Muñoz, Jaime Fco., catedrático de univerdade. Universidade da Coruña.

Secretario: Guayo Castiella, Iñigo del, catedrático de universidade. Universidade de Almería.

Vocais:

Martínez Marín, Antonio, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Ballesteros Moffa, Luis Ángel, catedrático de escola universitaria. Universidade de León.

Fuertes López, Mª Mercedes, catedrática de escola universitaria. Universidade de León.