Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.385

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 17 de febreiro de 2003 pola que se modifica a do 18 de decembro de 2002 pola que se convocan bolsas para a formación de expertos turísticos en mercados emisores durante o ano 2003 para conceder un novo prazo de presentación de solicitudes para o destino de Chile.

No Diario Oficial de Galicia do 24 de decembro de 2002 publicouse a Orde do 18 de decembro de 2002 pola que se convocan bolsas para a formación de expertos turísticos en mercados emisores mediante a realización de prácticas profesionais para o ano 2003. En concreto, como se especifíca na base primeira desta, ofrecíanse 5 bolsas, unha para cada un dos seguintes destinos: Londres, París, Sao Paulo, Buenos Aires e Chiloé.

Constituída a comisión para a selección dos aspirantes, de acordo co previsto na base sétima desta, na súa reunión do 28 de xaneiro de 2003 na sede de Turgalicia, despois da realización da proba tipo test sobre o temario incluído como anexo II da orde, de a ter corrixido e de ter entrevistado ós aspirantes para obte-la bolsa convocada para Chiloé, en Chile, acordaron propoñer ó conselleiro o seguinte: 1º.-Deixar desierta a praza de Chiloé, por considerar que ningún dos aspirantes entrevistados reúnen as condicións suficientes de experiencia e capacidade, para poder desempeña-lo traballo descrito na base primeira, parágrafo cuarto da mencionada orde de convocatoria, e 2º.-Aprobar unha nova orde pola que se dispoña reapertura-lo prazo para concorrer á devandita bolsa.

Á vista desa proposta da comisión de selección e tendo en conta o interese que representa para ámbalas dúas partes a colaboración con este mercado e a brevidade do prazo da Orde do 18 de decembro, estimamos que paga a pena conceder unha nova oportunidade ós interesados, e por todo isto, conforme o establecido sobre medidas de fomento no artigo 73 da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, en concordancia co sinalado no artigo 74 da devandita lei, e en uso das facultades que teño atribuídas, dispoño:

Artigo único.-Aperturar un novo prazo de presentación de solicitudes para a bolsa do destino de Chiloé, de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2003.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo