Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.372

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 31 de xaneiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se aproban as modificacións dos artigos 1, 4, 5, 7 e 18 dos estatutos da Fundación Francisco-José Traspuesto Miguel e se inscriben no Rexistro de Fundacións deste protectorado.

Analizado o expediente de referencia, promovido pola Fundación Francisco-José Traspuesto Miguel.

Resultando que esta fundación foi clasificada como docente pola Orde do 15 de setembro de 1998 (DOG do 24 de setembro); e declarada de interese galego pola Orde do 23 de febreiro de 1999 (DOG do 15 de marzo), encontrándose inscrita no Rexistro de Fundacións desta consellería co número 186.

Resultando que a Fundación Francisco-José Traspuesto Miguel solicitou ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a modificación dos seus estatutos.

Vista a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983; así como o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, e a carta fundacional da citada fundación.

Considerando que as fundacións de interese galego poden modifica-los seus estatutos coas condicións previstas no artigo 38 do citado regulamento.

Considerando que na tramitación do expediente se cumpriron os requisitos esixidos no artigo 10 da Lei 7/1983 e 32.3º e 38 do dito regulamento.

Considerando que esta modificación estatutaria é conforme coa vontade fundacional.

Esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Aproba-las modificacións dos artigos 1, 4, 5, 7 e 18 dos estatutos da Fundación Francisco-José Traspuesto Miguel, que quedan redactados segundo consta en escritura pública de modificación, outorgada polo notario José Antonio Rodríguez González, protocolo número 3.867, con data do 13 de decembro de 2002.

Segundo.-Practica-la inscrición desta modificación estatutaria no Rexistro de Fundacións deste protectorado, logo da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, data a partir da cal entrarán en vigor tales cambios estatutarios.

Terceiro.-Esta disposición pon fin á vía administrativa, de acordo co establecido no artigo 109 c) da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria